METEOROLOXÍA

Galicia comeza o venres con máis de 3.000 raios e chuvascos 'propios da primavera'

O máximo na comunidade rexistrouse o 23 de xullo de 2014, con 9.300 raios 

Galicia comezou a xornada deste venres con treboadas que trouxeron máis de 3.000 raios á xeografía galega, así como con chuvascos xeralizados que constitúen "o tempo propio da primavera"

Así o indicaron, en declaracións a Europa Press, desde o servizo de predicións de Meteogalicia, que destaca que o tempo dos últimos días é habitual durante os meses de maio, xuño e xullo.

Desde a madrugada do venres e ata media mañá, Galicia superara xa os 3.200 raios, que afectan sobre todo á zona centro e sur da Comunidade, xa que as treboadas percorren Galicia de sur a norte.

Do mesmo xeito, están a darse chuvascos xeralizados que, durante a tarde, comezarán a facerse "máis ocasionais" de cara á noite.

Os expertos de Meteogalicia indicaron, no entanto, que o tempo rexistrado durante os últimos días na comunidade, alternando días de intensa calor con treboadas e chuvascos, é "o propio da primavera".

Así mesmo, e aínda que nas últimas horas tivéron lugar numerosas treboadas con aparello eléctrico, os rexistros están aínda lonxe do máximo na comunidade, os 9.300 raios que se produciron en Galicia o 23 de xullo de 2014. Tamén este mesmo ano, o día 9 de maio, houbo máis de 8.300.

Te puede interesar