TRÁFICO

Cinco heridos tras un choque entre dous vehículos en Ponteareas

o suceso ocorreu sobre as 18,00 horas do domingo, a un quilómetro e medio da entrada a Ponteareas, en dirección a Ourense.

Cinco persoas resultaron feridas a última hora deste domingo tras chocar dous turismos no municipio pontevedrés de Ponteareas.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18,00 horas a un quilómetro e medio da entrada a Ponteareas, en dirección a Ourense.

Tras recibir o aviso por parte do 061, o 112 mobilizou ata o lugar a efectivos da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ponteareas e Protección Civil.

Pouco despois, sobre as 19,15 horas, rexistrouse outro accidente de tráfico na Avenida Rosalía de Castro de Sada (A Coruña), onde unha persoa se caeu da moto na que circulaba.

Ao lugar do accidente foi mobilizada a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e persoal sanitario do 061 para asistir á vítima.

Te puede interesar