O incendio de Abadín foi fortuíto, posiblemente por un curtocircuíto nunha estufa

O incendio iniciouse sobre as 05.00 horas desta mañá, nun muíño restaurado na parroquia de Aldixe anexo a unha vivenda na que vivían catro persoas

O incendio que calcinou unha vivenda e un muíño anexo na localidade de Abadín (Lugo) foi fortuíto e a Garda Civil apunta a un curtocircuíto nunha estufa como posible causa do lume, segundo fontes da investigación.

Aínda que de momento se están a investigar as circunstancias que rodean ao incidente producido esta madrugada, a Garda Civil descarta a intencionalidade do incendio e apuntan a un curtocircuíto nunha estufa como a causa máis probable do lume, aínda que tampouco se descarta unha cabicha como orixe das lapas.

O incendio iniciouse sobre as 05.00 horas desta mañá, nun muíño restaurado na parroquia de Aldixe anexo a unha vivenda na que vivían catro persoas, unha parella e os dous fillos da nai (ambos os dous menores), das que dous resultaron feridas de gravidade.

O home presentaba queimaduras "moi graves" e foi trasladado ao Juan Canalejo da Coruña, mentres que a moza de 17 anos foi ingresada no HULA en estado menos grave. Por outro lado, a muller sufriu unha lesión no xeonllo.

Te puede interesar