Previsión Meteorolóxica

Posibilidade de chuvascos e descenso de temperaturas para este vindeiro domingo

Os ceos estarán nubrados pola mañá, con posibilidade de choivas, en especial no interior da comunidade.

Galicia estará este domingo nunha situación atmosférica moi indefinida, coas altas presións na zona de Azores e unha baixa ao sur de Islandia, segundo a información de Meteogalicia.

Desta forma, os ceos estarán moi nubrados durante a mañá, con posibles choivas illadas, e pola tarde abriranse claros con posibilidade de chuvascos ocasionais, máis probables no interior.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso e os ventos soprarán frouxos do sur durante a mañá, cambiando a compoñente oeste pola tarde.

Te puede interesar