GALICIA

Morre unha muller nun incendio nunha casa en Carral

A falecida, a única ocupante da casa, atopábase nun dormitorio que ardeu case por completo. O resto da vivenda viuse afectada o fume e o tellado caeu parcialmente polas altas temperaturas.

Unha muller faleceu na tarde deste mércores nun incendio declarado nunha casa unifamiliar en Carral (A Coruña), segundo informa o 112.

A falecida, a única ocupante da casa, atopábase nun dormitorio que ardeu case por completo. O resto da vivenda viuse afectada o fume e o tellado caeu parcialmente polas altas temperaturas.

A vivenda, composta por un baixo e un baixocuberta, está situada no número 24 da rúa da Osa Maior. O 112 tivo constancia do lume a través da chamada de varios particulares, que indicaban que a casa estaba chea de fume e alertaban de que unha muller podería atoparse no interior.

Entón, puxo a situación en coñecemento dos bombeiros de Arteixo, do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil.

Unha vez no interior da vivenda, os membros do servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento de Arteixo atoparon á muller nunha habitación do baixocuberta. Após controlar e sufocar o lume, a dotación comunicou ao 112 que se descoñecen polo momento as causas que provocaron o incendio.

Te puede interesar