GALICIA

Morre a xoven cantante Paula Sueiro nun accidente de tráfico

as1
photo_camera Paula Sueiro.

O accidente provocou que a cantante quedara atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo, que a excarceraron falecida

Paula Sueiro faleceu esta tarde tras envorcar o coche no que circulaba por a AC-552, á altura da parroquia de Agualada, no Concello de Coristanco (A Coruña).

Segundo informa o CAE 112 Galicia, o accidente provocou que a cantante quedara atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo, que a excarceraron xa falecida. Ademais, un poste da iluminación pública caeu sobre o coche sinistrado.

Foi un particular o que deu a alerta arredor das 16,30 horas. Ata o lugar tamén se desprazaron, entre outros, técnicos sanitarios de Urxencias Médicas, efectivos do GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Coristanco.

A noticia levantou gran expectación no mundo audiovisual galego. O presentador Xosé Manuel Piñeiro expresou as súas condolencias á familia dende as redes sociais.

Te puede interesar