ACCIDENTE FERROVIARIO

Piden información a Adif e a Renfe sobre "o desvío do tren" de Porriño

636102433666552968w
photo_camera Tren siniestrado en O Porriño.

A xuíza do xulgado de instrución número 2 do Porriñotamén pediu que se identifique o operador do posto de mando de Ourense "para a súa posterior toma de declaración" e "os traballos de mantemento"

O xulgado de instrución número 2 do Porriño (Pontevedra), que investiga o descarrilamento dun tren preto da estación desta localidade (no que morreron 4 persoas e 49 resultaron feridas), notificou unha providencia na que acorda solicitar a Adif (o administrador de infraestruturas ferroviarias) e a Renfe o envío de diversa documentación, entre a que reclámase información sobre "as causas que motivaron os traballos de mantemento e o desvío do tren".

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza tamén pediu que se identifique o operador do posto de mando de Ourense "para a súa posterior toma de declaración", así como o persoal de mantemento das instalacións de infraestrutura e o responsable titor do maquinista do convoi (un cidadán portugués que faleceu no sinistro).

Por outra parte, ademais desas dilixencias, a maxistrada reclamou tamén información sobre itinerarios e diversos rexistros, ademais das gravacións das conversacións rexistradas no posto de mando de Ourense.

Á marxe da investigación dos peritos xudiciais, tamén traballan os peritos da CIAF (Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios) para esclarecer os motivos do accidente. Os rexistros das caixas negras xa desvelaron que o convoi, que unía Vigo e Oporto, circulaba a 118 quilómetros por hora, en lugar de a 30, como debía facelo nese tramo.

Inspeccións técnicas

As primeiras inspeccións do tren sinistrado concluíron que o sistema de freado funcionaba correctamente, pero o certo é que o maquinista non minorou a marcha, a pesar de que recibiu dous avisos `L1` (para reducir a velocidade) e confirmou que os recibira.

En todo caso, os técnicos seguen desenvolvendo o seu labor e, ademais do tren, estudan as condicións da vía e de elementos concretos, como os encravamentos (os sistemas que fan que os trens vaian por unha vía e non por outra).

Fuentes consultadas por Europa Press confirmaron que os peritos foron informados de que, na vía secundaria a onde foi desviado o tren, se estaban a realizar comprobacións, posto que o día anterior se detectara unha anomalía.

Precisamente, o desvío a esa vía secundaria obrigaba o tren a circular a 30 quilómetros por hora. O convoi non tiña parada prevista no Porriño e, en circunstancias normais, pola vía principal, atravesa ese tramo férreo a uns 120 quilómetros por hora.

Te puede interesar