SUCESO

A Policía de Ferrol busca a unha muller por tentar estrangular a súa filla de 10 anos

As fontes consultadas aseguran que a nai "en principio non sofre nin ten ningún tipo de trastorno".
 

A Policía de Ferrol busca a unha muller por tentar estrangular a súa filla de 10 anos

Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón tratan de localizar á nai dunha menor de 10 anos de idade á que supostamente tentou estrangular en Doniños, unha parroquia da zona rural de Ferrol.

Segundo trasladaron fontes policiais a Europa Press, a menor foi localizada por dúas persoas que se atopaban paseando por unha zona próxima ao areal, máis concretamente no piñeiral situado na zona de costa, minutos antes do sete da tarde do mércores.

Após a agresión, a nena foi trasladada ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, onde se constatou o seu bo estado de saúde, segundo apuntaron fontes oficiais.

As pescudas iniciadas para dar co paradoiro da muller, veciña de Ferrol, non deron polo momento ningún resultado. Ademais, as fontes consultadas tamén aseguran que a nai "en principio non sofre nin ten ningún tipo de trastorno".

A muller está separada e após o acontecido deuse traslado ao pai do sucedido, para que se fixese cargo da filla de ambos.