CULTURA

Premio "ós bos e xenerosos":ó grupo Brais Pinto

BraisPinto
photo_camera Los homenajeados en la comida celebrada en Aixiña. (MIGUEL ÁNGEL)

A Agrupación Cultural Auriense entregoulle o galardón na sede de Aixiña.

Agrupación Cultural Auriense fixo entrega onte do galardón "Brais Pinto aos bos e xenerosos", que recaeu nos compoñentes aínda vivos da formación musical "Brais Pinto" -que deu nome o premio-, creada nos anos 50 en Madrid, entre os residentes galegos na capital de España. A data concreta de creación do grupo, que recuperou a lingua e cultura galegas no corazón de Madrid, foi 1958.


O acto de entrega contou coa presenza de Bernardino Graña, Bautista Álvarez Domínguez,  Ramón Lorenzo Vázquez, Xosé Fernández Ferreiro y César Árias Rodríguez. Non puido achegarse Xosé Luis Méndez Ferrín -o sexto membro vivo dos nove que o formaron no seu tempo-, por motivos persoais.


Os membros de "Brais Pinto" recibiron "o seu premio" na segunda edición, xa que na primeira, o xurado decidiú darllo á Xosé Lois González "O Carrabouxo".


"Aínda que o galardón adoita entregarse o 11 de novembro, data de creación da Agrupación Cultural Auriense, nesta ocasión, este premio, que corresponde ao ano 2013, tivo que ser atrasado ata agora debido á fráxil saúde dalgún dos premiados o pasado novembro", explicou Rubén Requeixo, tesoreiro do colectivo.


O acto de entrega fíxose nos salóns da sede da asociación Aixiña, onde homenajeados e membros da Agrupación Auriense compartiron mesa e mantel nunha agradable comida.

Te puede interesar