GALICIA

O ranking 'Best Global Universities' sitúa a USC entre as 500 mellores

Segundo informou a USC nun comunicado de prensa, este novo listado inclúe centros de ensino superior de Estados Unidos e de case 50 países máis.

O ranking 'Best Global Universities' de US News & World Report sitúa á Universidade de Santiago (USC) como a oitava de España e a 409 de entre as 500 mellores institucións universitarias do mundo atendendo á súa reputación e produción investigadora.

Segundo informou a USC nun comunicado de prensa, este novo listado inclúe centros de ensino superior de Estados Unidos e de case 50 países máis.

O conxunto de institucións referenciadas foron clasificados en función de dez indicadores que pretenden medir o rendemento da investigación e a reputación nun contexto internacional.

"US News pretende con este listado ofrecer unha ferramenta ao alumnado para explotar as opcións de educación superior que existen máis alá dos seus países de orixe e comparar aspectos claves dos distintos centros", segundo sinalou a USC.

A partir dos datos de Thomson Reuters InCitiesTM avaliáronse referencias de 750 universidades, seleccionadas á súa vez en función dos resultados logrados na enquisa mundial de reputación de Thomson Reuters e do número de artigos publicados nos últimos cinco anos.

O listado de universidades españolas está encabezado pola de Barcelona (96 do mundo) e integrado, ademais, por a Autónoma de Barcelona (160), Autónoma de Madrid (210), Valencia (256), Pompeu Fabra (272), Complutense de Madrid (290), Granada (308), Santiago de Compostela (409), Zaragoza (438), Politécnica de Valencia (448) e Sevilla (489).

Te puede interesar