GALICIA

Telefónica di que rexistrou 5.556 avarías debido a raios

Un total de 870 persoas, entre persoal técnico de Telefónica e de empresas colaboradoras como Montelnor ou Liteyca foron mobilizados para reparar as avarías, segundo a empresa.

O operador de telecomunicacións Telefónica anunciou hoxe que rexistrou un total de 5.556 avarías en Galicia debido a raios caídos nas últimas horas, o que supón "seis veces máis da media habitual nestas datas".

A empresa indica, nun comunicado, que as tormentas eléctricas en Galicia xeraron "miles de avarías no tendido telefónico, creando unha situación sen precedentes que Telefónica está afrontando cunha mobilización récord de recursos humanos e materiais".

Un total de 870 persoas, entre persoal técnico de Telefónica e de empresas colaboradoras como Montelnor ou Liteyca foron mobilizados para reparar as avarías, segundo a empresa.

Engade que tivo que enviar de forma urxente a Galicia "un total de 1.500 routers de ADSL, 500 descodificadores de Imagenio e 100 terminais fixas, ademais de centenares de dispositivos afectados polos raios, como é o caso das tarxetas electrónicas das centrais".

A provincia máis afectada por esas descargas eléctricas é A Coruña, con 3.438 avarías, que representa "dez veces a media habitual", seguida de Lugo, con 933, é dicir "oito veces máis da media por estas datas".

Na provincia de Pontevedra indica que tivo 1.005 avarías, é dicir catro veces máis do habitual, e na de Ourense 180 avarías, o dobre do acostumado nesta época do ano

Te puede interesar