MÚSICA | FESTIVÁIS

Un total de 155 festivais, 18 en Galicia, compiten na III Edición dos Premios Fest

As comunidades autónomas más presentes nesta edición son Andalucía, Cataluña, seguidas de Madrid, en cuarta posición sitúase Galicia

Unha decena máis de festivais de música celebrados en España concorren aos III Premios Fest. Así, en total 155 festivais serán candidatos a alzarse con algún dos 17 galardóns propostos nesta edición e que se entregarán o 26 de outubro nunha cerimonia no marco do BIME Live de Bilbao.

As comunidades autónomas con maior representación son Andalucía e Cataluña, ambas as dúas con 22 festivais inscritos. Ségueos de preto Madrid, a comunidade autónoma que máis aumentou en número de festivais respecto ao ano anterior pasando de 12 a 21. Despois sitúase Galicia con 18, Comunidade Valenciana con 15, Castilla e León con 13, País Vasco con 10, Canarias con 7, Murcia e Aragón con 6, Extremadura con 4, Castilla La Mancha con 3. Con dous festivais Navarra, Baleares e Asturias, cun La Rioja e Cantabria.

Os datos obtidos a través das inscricións desta edición reflicten a boa saúde do sector: máis de 4.600 artistas actuaron en directo para desfrute de 3.570.484 asistentes, e xeráronse entorno a 20.000 postos de traballo directos.

ABERTO O PRAZO DE VOTACIÓN

O prazo de votación permanecerá aberto ata o 9 de outubro. Os mellores festivais serán elixidos pola combinación de público, que pode rexistrar os seus votos a través de premiosfest.com e dun xurado profesional composto por destacados xornalistas e representantes da Industria da Música.

"Premios Fest é o único recoñecemento en España dedicado aos Festivais de Música. Marca de calidade do sector e encontro anual dos promotores de festivais. Un proxecto con capacidade para medir o pulso á Industria, grazas á recollida anual de datos e a súa análise. Ademais de formar e informar, participando no Congreso de Festivais que celebra en BIME", explica o comunicado.
 

Te puede interesar