CON ARTE

“A compañeira de piso”

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando descarrila 

Un instante de la representación de la obra.
Un instante de la representación de la obra.
“A compañeira de piso”

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra “A compañeira de piso” (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe.

Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Cándido Pazó e Belén Pichel dirixen esta proposta. Coa elección deste título, co que Jen Silverman gañou popularidade no seu país a raíz da súa representación no Humana Festival of New Amerocan Plays de 2015, Contraproducións aborda tamén a necesidade de levar a escena textos protagonizados por mulleres de máis de 50 anos, ao tempo que segue a senda emprendida coa súa montaxe “Nacidas libres”.

O guitarrista e compositor Guillerme Fernández, membro fundador de Berrogüetto e integrante de numerosos proxectos musicais, asina a música orixinal de A compañeira de piso.

Tamén se implicaron nesta montaxe Carlos Alonso no deseño da escenografía e o vestiario, Afonso Castro na iluminación, Xosé Barato na voz en off e Lilian Portela como axudante de dirección, na produción executiva e na adaptación. 

Lugar: Auditorio Municipal (Vilagarcía de Arousa)

Fecha: 16/03/2019 a las 21:00h