LITERATURABA

Aquela España

Las cartas de Elena Francis
photo_camera "Las cartas de Elena Francis".

Las cartas de Elena Francis. La educación sentimental bajo el franquismo é un testemuño sociolóxico do que foi españa entre los anos 1950 y 1984, un pais moi diferente do que é hoxe

Unha España que hoxe semella ben lonxana, nada precisada de consultorios sentimentais, a que reflicte este libro ao redor das consultas -poñamos- sicolóxicas (e sociolóxicas) radiofónicas máis aparentes. As administradas entre 1950 e 1984 polo “Consultorio de la mujer”, máis coñecido como “Consultorio de Elena Francis”, desde Radio Barcelona, primeiro, desde Radio Nacional, logo.

Este programa, seguidor doutros como “Radiofémina”, nado en 1930, tivo audiencias masivas, sobre todo entre mulleres (atraguidas tamén polas solucións estéticas que brindaba, por máis que as consultas fose maiormente relativas a choios sentimentais), alleas a que a tal Señora Francis nunca existira, estando detrás das locutoras que lle poñían voz certos varóns (Armando Matias Guiu ou Juan Soto Viñolo, este os últimos dazoito anos) para escribir as respostas. Desde logo moitas das consultas foran argalladas polos guionistas mais o certo é que tanto a Radio Barcelona como a Radio Nacional chegaron moreas de cartas, dirixidas a Doña Elena, que son das que dá proba este interesante volume. Que se le, literalmente, como unha novela. Como unha novela que aportase, ademais, testemuñas sociolóxicas para reconstruir un país que hoxe, xa se dixo, parece cousa moi diferente. Porque en corenta anos isto ten mudado moitísimo.

En cuestión de moral, tamén, e hoxe as cartas que recibía a chamada Elena Francis semellan disparate. Porque a época aquela era, iso, un disparate. Onde as rapazas preguntan se poden darlle unha foto ao rapaz que veñen de coñecer ou que facer co noivo que lles quere tocar o peito. Por non falar das casadas con home adúltero, peneque ou “desviado”. Para case todas ten resposta a Señora Francis, desde o canon eclesiástico que daquela privaba. A algunha chegou escribirlle en resposta ás súas cartas, tantas veces con faltas de ortografía, e case sempre con sintaxe ruín. Mulleres, en xeral e algún home como aquel que pide a Elena Francis que lle procure moza, mellor empregada de servir para que o atenda mellor. E bótalle fío ao papaventos dun libro ben artellado, que ás veces provoca a gargallada. Antes de que esta baixe a sorriso. A sorriso grave, que aquilo non era para bromas. Non.

Te puede interesar