MÚSICA

Arrhythmia: "Temos gravado un videoclip que vai chamar moito a atención"

foto_clavi_ii_arrhythmia_rgb-2-_result
photo_camera Arrhythmia.

O mais novidoso é o lanzamendo de samples en vivo, e polas críticas parece que convenceu  

Arrhythmia é unha banda de Lugo que o día 28 lanzará un novo disco titulado “II”. O vindeiro sábado 4 poderemos velos en Ourense no festival Ourenrock Sound

¿Cómo se crea o grupo? ¿De onde sae o nome?

Arrhythmia tal  e como é hoxe nace no 2011 despois de vir cada un de nós de proxectos totalmente diferentes.

Prácticamente nace nunha conversa de bar na que recollemos o nome dunha extinta banda que nada tiña que ver con ésta e na que redefinimos que queremos ser e como o queremos facer, e dende aí a evolución trouxonos ata este “II”.
O nome ven de que na nosa xuventude máis experimental compartimos local e ensaios con algún músico co que o ritmo non estaba casado e en tono de broma quedou “Arrhythmia”.

Sacades novo disco,¿ Qué aporta ao grupo con respecto a anteriores traballos? ¿Onde foi gravado?

Este E.P é quixo nacer como evolución pero o traballo deste último ano converteuno nunha revolución.

No medio do proceso creativo quixemos incorporar elementos que a priori nun trío son complicados de abordar, pero que conseguimos trasladar tanto ó estudio como ó directo no que agora o público a parte de escoitar unha guitarra, un baixo e unha batería tamén escoitará samples que lanzamos en vivo e integran un son moito máis completo que estabamos a buscar.
O disco está composto, producido e gravado íntegramente por nós. 
As baterías foron rexistradas nun pequeno local do que dispoñemos en Monterroso, e os baixos, guitarras e voces en Lugo. As misturas fixémolas en casa de Álvaro, o noso batería, o que nos permitiu achegarnos ó máximo posible ó son que buscábamos a diferencia de cando realizas unha gravación nun estudio onde os cambios de última hora ou novas ideas que se incorporan no proceso son moito máis complicadas.

O anterior traballo chamouse “III” e agora sacades “II”, é unha conta atrás?

Sí, haberá “I”.Somos moi de pensar os procesos como unha totalidade á que imos engadindo pequenas pezas de puzzle. Cada deseño, cada canción, cada letra forma dun xeito ou doutro pequenas historias entre sí, e á vez forma parte dun cadro do que queremos estar orgullosos cando o miremos rematado.

Este sábado ides presentar o disco na vosa casa, en Lugo e a semana seguinte no festival Ourenrock Sound en Ourense. ¿Que se poden esperar o público destes concertos?

Temos preparado un directo que percorre tódalas nosas cancións e dependendo do lugar e do tempo tamén nalgun concerto incorporaremos algunha versión ó noso xeito.
O máis novidoso e que xa probamos no concerto con Berri Txarrak en Compostela é o lanzamento de samples en vivo e que polas críticas parece que convenceu.

Fai un ano lanzáchedes un videolyric da canción “Mensaxe”, ¿Ides sacar algún videoclip mais de este álbum?

Si, temos gravado hai tempo un videoclip do que será o sinxelo do disco “Tan só notas” que pensamos que vai chamar moitísimo a atención e que estrearemos máis cedo que tarde.

Te puede interesar