Rabo de nube

Autoficción que algo queda

Fallaras (1)_result
photo_camera Cristina Fallarás.

Un libro importante que nos permite deducir que o subxénero non está morto senón que desfruta de moi boa saúde

Dicíame o outro día un amigo, ben metido no faranduleo literario, que os que peor falan da autoficciòn como subxénero literario son –curiosamente-  os que máis a practican. Cuspidiño a aquela famosa polémica sobre poesía-coñecemento e poesía-comunicación. ¿Onde a mítica barreira? Así e todo logo dos imitadores de Gloria Fuertes nunca vin cousa peor que os émulos de Saint-John Perse, se é que aínda fica algún.

No interín a poesía confesional segue a se abrir camiño e a narrativa autoficcional, tamén. Sinxelamente porque, ao remate, todos os escritores terminan falando deles, sexa certa ou apócrifa a frase de Flaubert: “Madame Bovary c´est moi” (pronunciada, se tal, canso o ruanés de que lle preguntasen pola orixe da súa famosa heroína).

E dela, do seu cerne, motivo e razón fala Cristina Fallarás, xornalista e narradora zaragozana de 1968. Procedente dunha familia na que a guerra civil subliñara o seu carácter caínita (nada novo nunha contenda destas características), poñendo un sector nun bando e o outro, noutro.

Claro, isto “per se” sirve de moi pouco, por moito que a protagonista se chame Cristina, as casualidades cáseque non existen, de non ir acompañado, eis o caso, dunha abondancia de materiais que van enchendo de autenticidade o carromato desta historia.

Que sería de bos e malos, hai un abó en absoluto exemplar, se non fose que Cristina Fallarás, con talento de cronista nada maniquea, pon as cousas no seu sitio, e fai –segundo o consello de Antonio Machado- que o que prime sexa a verdade e non a “súa” verdade.

Así as cousas este libro, con título de mandamento, consonte a época aquela tan tremebunda, tamén no nacional-catolicismo que a rexira, é testemuña dun tempo e dun país certamente magoantes. Pero a súa dimension cía anos atrás e viaxa a lugares, para o caso, nin  sequera exóticos, se non precisos para que a historia verca no lector todo o seu contido.

África e México como lugares inflexivos, nos que Cristina Fallarás, boa dosificadora da súa historia, dispara e non precisamente con pólvora mollada. Un libro importante, unha autoficción clarificadora, que nos permite deducir que o subxénero non soamente non está morto mais que desfruta de moi boa saúde.

Te puede interesar