RABO DE NUBE

Beato Alfredo Conde

Admito que Alfredo Conde, un dos poucos que deron (dan) vivido do mester escritor neste país que devolveu ao gran Suso de Toro 

El di que non, pero tamén di que non é poeta, coquetería de quen sabendo que hoxe calquera se chama a vate ou poetisa prefire ir pola vida con vestimentas máis orixinais, que escribe como “modus vivendi” e non para se divertir. Admito que Alfredo Conde, un dos poucos que deron (dan) vivido do mester escritor neste país que devolveu ao gran Suso de Toro ao ensino por non poder atendelo (como autor “full time”), deba escribir artigos diarios, obrigadamente diarios, para subsistir, igualmente que tal choio poida e sexa pesado, por non dicir cargante, mais o Conde novelista (o contista, tamén), debe de pasalo tan ben escribindo como Romeo Castellucci, un supoñer, imaxinando a montaxe da ópera “Moses und Aron”, e Schönberg que lle vin o outro día, touro “Easy Rider” (tonelada e media de peso) incluido. Digo isto porque despois de ler El beato, a última fañaza narrativa do de Allariz, din en pensar no ben que o pasaría o beato (por feliz,

“Beatus ille”, claro) Alfredo Conde ao deseñar e facer navegar nao semellante. A que conduce ao galego Fray Julián de Chaguazoso a México. Lévao vivir unha vida equívoca (pero isro básicamente) para os lectores no virreinato, daquela, de Nueva España. De maneira que o fenomenal equívoco leva a Fray Julián a morrer en “olor de santidad” (non sei por que na contracapa do libro teiman no refitolero “loor de santidad”) en Puebla Nueva de los Ángeles, onde hoxe xaz o seu corpo incorrupto. Conde dota ao beato de voz propia e moi axeitada, de maneira que será el mesmo quen nos conte a súa vidiña, sen omisións nin falsas vergoñas (páxina 159, un supoñer) que o emparentan co mítico Prisciliano, outro que tal bailaba, e xa estou emprazando ao escritor alaricano a que poña mans á obra. Porque a Conde se lle dan moi ben, préstanlle, estas novelas con rustrido histórico. Mais a historia como medio non como fin, que para iso xa están os libros “ad hoc”. En libros como este, nos que como escritor o teña pasado tan be ao facelo como o lector que isto asina ao degústalo poderemos dicir que iso de que Alfredo Conde non é senón un galeote da pluma non pasa de coquetería. Por máis que o de Allariz sexa, efectivamente, coqueto. Do que dou testemuña directa. E fai ben. E motivos ten para selo.

Te puede interesar