CONTEXTO

Bebamos a modo

"O libro dos cócteles" David Ortiz.

Bébese, básicamente, para matar a sede. Mais -é obvio- bebemos tamén para matar o tempo, para matar a pena, para matar a morte. En fin, que hai tantas maneiras de beber como de amar. Ora, beber (tamén amar) ten a súa ciencia, e a súa paciencia, igualmente. Por iso compre levar adiante ambas actividades tan amodiño como se poida.
Coidando en que o pracer, para que o sexa meirande, pide lentitude, pide ir amodo. Por iso libros como este, de David Ortiz Bordás, o meu “vademécum”, veraniego, neste verán que –cal o raio hernandino- non soamente non cesa senón que fai como se quixese dilatarse, facendo seu tamén os dominios do outono. Aos que ben podemos chegar da man da retórica cocteleira de David Ortiz Bordás, el mesmo barista, un dos mellores de Galicia, e bruxo na suprema alquimia de misturar licores e beberetes diversos, facendo que tal mistura faga de nós un compendio de afouteza e locuacidade, mesmo de intelixencia. Porque iso e non outra cousa é a sabencia cocteleira. Máis, moito máis que a moda esta de combinar xenebras con tónicas, que estando ben (e Ortiz Bordás ilústranos no seu tratado sobre cousa tal) á penas é unha moda efémera. E outras combinacións, que se dicía “in illo tempore”, que nos van alegrar o corazón e as famosas “pajarillas” aquelas de Ortega y Gasset.20160913202530803_result
Quen tería disfrutado coas fórmulas sabidas (e sabedoras) deste home, cheo de conceptos e posuidor dunha boa pluma, con quen cadrei este verán na Feira do Libro d´A Coruña. Con el e co seu editor, Manolo Bragado, parcial tamén dos cócteles e de Bob Dylan, a quen teríamos de darlle unha volta textual e cocteleira, seareiro o de Minnesota do “Southern Comfort”, dó que o amigo Ortiz Bordás ben podería atopar algunha aplicación práctica, por aquilo de que beber amodiño é unha das cousas boas que a vida nos ofrece. Eu, de momento, dispoño na miña biblioteca este manual de instruccións (e, aínda, erudicións) co que alixeirar o curso vindeiro, se é que o verán fai por darlle paso, que a cousa semella tan complexa como bater cun bo cóctel, como eses que David Ortiz Bordás, exemplificador das súas teorías no Baobab Bar coruñés, anda a facer bulir na súa cocteleira como o seu libro. Onde non faltan, augardentes e bagazos. Amodiño, claro.

Te puede interesar