RABO DE NUBE

Caso sen pechar

Cipriano Marto
photo_camera Cipriano Martos

O xornalista Roger Mateos indaga sobre a vida e a morte do militante antifranquista Cipriano Martos, un home bo, sinxelo e leal según o medio centenar de testimonios cos que puido contactar Mateos

Detrás do FRAP, aquel grupo político que enloita máis aínda a agonía do franquismo, pola morte por afusilamento de tres dos seus membros, había un partido -seita se cadra- chamado PCE (M-L). Aquela agrupación nacera en oposición ao que se coidaba “revisionismo” do PCE, o Partido Comunista de sempre; de todas as forzas opostas ao franquismo, dígase de paso, a que máis loitou, con esforzo e sacrificio contra aquela dictadura que nos fai enroibar, aínda, a quen a vivíramos. O PCE (M-L) decidira, a partir do seu congreso –en Varese, Italia-  de abril de 1973 responder con violencia ao franquismo. Por iso as navalladas que causaran a morte en Madrid dun inspector de policía o 1 de Maio seguinte. O que trouxera unha serie de caídas en cadea de militantes do FRAP. Entre eles, morrendo xa o agosto dese ano, dun militante residente en Reus, chamado Cipriano Martos.

Cipriano morrería o 17 de setembro, logo dunha estadía hospitalaria de vinte días incapaz de evitarlle a morte logo da inxesta, voluntaria ou obrigada, de ácido sulfúrico nas dependencias da garda civil onde fora levado. Esa substancia é un dos ingredentes do chamado cóctel Molotov, empregado polo FRAP e outros grupos afíns nas súas accións, o que explicaría que Cipriano dispuxera de varias garrafas destes na súa morada accidental. Como se cadra foi a súa morte, por máis que haxa indicios que proclamen o contrario. Ou tal se deduce deste libro maxistral, na súa documentación, nas pescudas levadas polo seu autor, no estilo, na maneira de desenguedellar fío tan enguedellado.

E é que a morte deste militante do FRAP, de Maldonadillos (Granada) traballador inestable en moitos empregos, desafortunado na súa vida sentimental, home de cultura tan pobre como proban as súas poucas testemuñas manuscritas, aos trinta anos semella tan absurda como o tempo que lle tocara vivir. Criador de grupúsculos políticos tan iluminados (por dirixentes delirantes como  a parella Marcos-Odena) que poñían en grave risco a quen seguían as súas consignas de teóricos da violencia desde fóra. A morte, caso sen pechar aínda, de Cipriano Martos, tan ben contada por Roger Mateos, deberá dar pé a reflexionar sobre o que fora todo aquilo. Un desatino cruel.

Te puede interesar