MÚSICA

Dakidarría: "Non fixemos selección para o DVD"

dakidarria-entreivsta-_result
photo_camera Dakidarría, banda musical.

Unha  banda que naceu hai máis de dez anos en Nigrán. Fusionan rock, ska e punk e agora atópanse presentando "De cuncas e de mar" o seu novo traballo en directo

Dakidarría é unha  banda que naceu hai máis de dez anos en Nigrán. Fusionan rock, ska e punk e agora atópanse presentando "De cuncas e de mar" o seu novo traballo en directo..

Xa van mais de 10 anos como grupo. ¿Cambiou moito a mentalidade? ¿Seguides ca mesma ilusión?
Son trece anos dende o primeiro ensaio no instituto de Nigrán. Por suposto que maduramos dende aquela, pero creo que a nosa mentalidade é a mesma. Neste conto o sistema capitalista sería o capitán Garfio e nós seguimos sendo os nenos perdidos que loitan contra él. Dende o inicio Dakidarría foi unha banda socialmente comprometida e iso non vai mudar nunca, aquí seguimos e aquí seguiremos. Non imos medrar xamais.

Este novo traballo recopila unha boa parte das vosas cancións. ¿Quedaron moitas fora? ¿Con qué criterios escollíchedes os temas?
Todo foi á caída. A maioría dos grupos que gravan un disco/video en directo preparan a actuación con meses de antelación. Non foi ese o noso caso. Nós queriamos gravar dous concertos sen mais, non sabiamos o que sairía de aí e, polo tanto, non fixemos unha selección das cancións. Tocamos o repertorio normal do 2015 para o tempo de actuación que tiñamos. Despois, unha vez visto o material, foi cando xurdiu a idea de editar un DVD. Pero é curioso iso, que non estabamos nervosos porque era un bolo mais... e iso tal vez fai que sexa tan natural todo.

“De cuncas e de mar” proxectouse no cine a semana pasada. ¿Cómo foi a experiencia de ver o voso traballo na gran pantalla?
Estou seguro de que non vou esquecer nunca ese día. Levabamos moito tempo traballando neste proxecto e foi como chegar á meta. Foi moi emocionante ver as reaccións da xente e poder estar acompañados por familiares, amigos, técnicos e seguidores da banda. Unha noite inesquecible. Ademais rematamos todos nun karaoke de Vigo asi que imaxinade...

¿Cal é o seguinte obxetivo da banda?
Estamos traballando dende hai tempo en novas cancións. Queremos ir sacando material novo pero sen apresurarnos, as cancións nacen cando nacen e hai que maduralas. Queremos cambiar a forma de editar o seguinte material porque xa non cremos nos discos completos. Queremos ir lanzando cancións e ir grabando en diferentes lugares. Pronto haberá novas.

En Xuño estaredes no festival OurenRock Sound, en Bemposta. ¿Qué esperades deste novo evento?
Coñecemos moi cercanamente a algún dos organizadores e esperamos que sexa a primeira edición de moitas. Polo de pronto están confeccionando un cartaz moi interesante con grandes grupos da Galiza. Haberá que permanecer atentos a ver con que grupos nos sorprenden agora. Ademais hai que dicir que o recinto é impresionante e moi adecuado para un festival.

¿Quén forma actualmente Dakidarria?
Actualmente estamos Maki á batería, Ligre ó baixo, Simón á guitarra, Gabri Guitarra e voz, Beler ó trombón, Juaqui á trompeta, Anxo ó saxo e Carlos ós teclados. Está claro, necesitamos un minibús.

Te puede interesar