RABO DE NUBE

David Roas en Incaland

David Roas, catalán de sangue galego, da Ría de Ares, é dono dunha escrita consistente onde a liña humorística, e como non para quen ven dunha estirpe -a nosa- que ten dado alguna das plumas máis notorias do humor na literatura

David Roas, catalán de sangue galego, da Ría de Ares, é dono dunha escrita consistente onde a liña humorística, e como non para quen ven dunha estirpe -a nosa- que ten dado alguna das plumas máis notorias do humor na literatura, ten moito que dicir. A súa última aventura, fermosamente editada por Páginas de Espuma, levou a Roas ao Peru, a “Incaland” do seu imaxinario, nun libro que non sendo de viaxes, nin de ficción, ten características dos dous, con aportacións, xa se dixo, dun espírito ceibe, ao Quevedo, Mark Twain ou o noso Julio Camba á hora de voar polo ceo do sorriso ou, directamente, da gargallada. E é que David Roas, prologado para o caso por Fernando Iwasaki, outro espírito transgresor e, xa que logo, libertario, apañou o fardel do viaxeiro para aterrar en Lima. E pasar logo a Cusco e, finalmente, a Machu Picchu, nunha viaxe integral na que hai gastronomía, efusións etílicas, lamas, alpacas e chullos (esas puchas incaicas que tapan as orellas), pero tamén internadas literarias puras e duras. Así o (presunto) roubo da máquina de escribir de Vargas Llosa ou certa invasión de zombis a deambular polo país do Inca Garcilaso, Chabuca Grande ou Bryce Echenique. Ese país, tamén, do Sendero Luminoso, arrepiante de máis como para mudar en delirio surrealista (aínda que algo tiña disto). O libro de David Roas, en fin, vale como “vademécum”, manual de cultura “agropop” e, tamén, a xeito de reflexión cinematográfica, Xa a propia capa do libro algo nos di ao respecto. Tamén as liñas adicadas ao sosainas de Charlton Heston. E, claro, tamén aparece Tintín, xa se sabe, “O templo do sol” e “As sete bolas e cristal” como fitos da cultura incaica a través de ollo pop (que non Popeye) de Hergé. Outro que tal bailaba a beber de todas as copas (claras). Como fai David Roas, con predilección polo pisco sour, lástima fora, mais tamén polas cusqueñas, esas cervexas que compriría catar cun ceviche ou unha causa limeña en condicións. E é que con David Roas aprendemos tamén destas cousas, súblime gozador da vida el mesmo. Por iso este libro, goliardesco e divertido, Cuspidiño ao seu autor, pois. Del xa léramos aquela “delicatessen” chamada La estrategia del koala. Recuncamos, ¡recunquemos!, pois

Te puede interesar