RABO DE NUBE

Dylan emociona ao Auditorio Nacional

President_Barack_Obama_presents_American_musician_Bob_Dylan_with_a_Medal_of_Freedom_result

Sen máis ornamento que o coroan as súas cancións, o estadounidense vén de pasar de novo por Madrid

Sen dicir palabra. Sen máis ornamento que o que coroan as súas cancións, Bob Dylan vén de pasar de novo por Madrid. Con esta, se non estou nun erro, a novena vez (incluíndo Alcalá de Henares, Villalba e Arganda). E para min a segunda mellor segunda actuación, desde aquel memorable "Unplugged", 1995 en La Riviera. Vello local verbeneiro, beira do Manzanares, onde aínda cheira a "Varón Dandy" e pachuli, e andan as mulleres a bailar cun pano na man para arredar suores.

Bob_Dylan_-_Azkena_Rock_Festival_2010_1_resultOs que non pasamos no Auditorio Nacional, cheo a rebentar, eu estiven a noite derradeira (a do 28 de marzo), porque o aire acondicionado saltou xusto coa emoción dunha "Desolation Row", acompañada polas palmas dos dylanitas e vencellados que alí estabamos. Por iso, por dylanita, teño pouco doado facer unha crónica obxectiva dun acto protagonizado por un señor que fai o que quere, toca o que lle dá a gaña, e –sendo como é un Premio Nobel de Literatura- non fala nin para presentar unhas cancións que, ás veces, compre adiviñar.

E iso porque Dylan xamais canta dúas veces o mesmo tema da mesa maneira. Ou sexa, que cuestións económicas á parte (descoñezo, lástima fora, a vida privada do de Duluth, Minnesota) Bob "Esponxa", porque de todo bota man e todo lle interesa, segue actuando, aos seus case setenta e sete anos, porque o desfruta. E fai que os seus seareiros fagamos o propio. Que logo tardemos en recoñecer "It ain´t me, babe" ou "Blowin´ in the wind" por mor dos arranxos caprichosos (cando menos) xa é problema noso. Como aplaudir ao Dylan máis  chapliniano, o que quere ser "crooner" e interpreta (no senso lato da palabra) "As follas mortas" de Prevert e Kosma. Hai que non atura isto, sen entender que Bob vén de todos os sitios.

E a todos vai. Do rock, do folk, do blues, do góspel e agora, tamén, da balada. Porque este escritor, éo e non tan só como letrista, anda decote a se reinventar. E a nós, os dylanitas, con el.  Porque, aínda que non cante este tema na xira actual, Dylan segue a ser "Forever young" (tal como cantara diante do Papa Xoán Paulo II, noutro pinche carneiro incomprensible para moitos). E os que o amamos a Dylan tan novos, áinda, como el. Aínda que desta volta o escoitasemos sentados. Máis comodamente, por certo.

Te puede interesar