MÚSICA

Gabriel O Pensador e Russkaja chegan a Arousa para actuar no Revenidas

Inés Abril e Alberto gonzalez presentarán unha proposta modernada sardiña revenida

O FESTIVAL das Línguas arrinca este venres 19 de agosto coa primeira das tres xornadas do festival. No portode Vilaxoán e no seu entorno comezaron xa os preparativos para acoller este finde semana a cita máis importante do ano desta vila mariñeira. Tres días con 23 bandas en directo e con 35 actividades de balde entre as que destacan a GalaSolidaria Refuxiad@s Revenidas, deseñada para o público familiar, o XoubiñasFesti, con actuacións escénicas e musicais para os nenos e nenas, así como actividades naúticas, pasarrúas, obradoiros e a Feira Revenida, con produtos culturais, creatividade e artesanía galega. E por suposto, tamén haberá a Gran Sardiñada Popular Revenidas evento que deu orixe ó Festival, última das sete citas imprescindibles dos Festivais Rías Baixas.

O Festival das Línguas terá 23 concertos no recinto de pago. Unha combinación de estilos musicais como o balkan, groove, ska, punk, rock, funk, garage, rap, hip hop, reggae, dub, polka, cumbia, latina, pop, folk ou electrónica. O Escenario Mahou e o Escenario Festivais Rías Baixas acollerán destacadas bandas internacionais como o máis coñecido rapeiro do Brasil, Gabriel o Pensador, os italianos Talco, os austríacos de orixe rusa Russkaja e a banda máis importante de gipsy da actualidade Fanfare Ciocarlia. Entre os grupos españois destacan La Raíz, Aspencat, Itaca Band, ZOO, La Kimbala e JuantxoSkalari & La Rude Band. 

Algunhas das mellores bandas galegas da actualidade presentarán novos traballos como Familia Caamagno, Malandrómeda, Cuchufellos e Os Tres Trebóns compartirán escenarios con novos grupos participantes do Concurso de Música Emerxente Revenidas. Ezetaerre da Coruña, deLombaos de Santiago e Os Vacalouras de Vigo estrearanse nun grande festival por primeira vez. Ata este xoves podense mercar entradas en venda anticipada por internet ou en locais espallados por Galiza. Os prezos son de 33 euros o bono dos tres días e 17 por día solto en anticipada. En taquilla os prezos son de 40euros e 20euros.

O venres dará comezo aapertura dos espazos do festival, o Parque de Dona Concha, as tres zonas de camping, así como outros espazos. O programa da Radio Galega A Tarde desprazarase ata Vilaxoán para realizar o programa en directo desde as 16h. Unha hora despois haberá unha intervención gráfica dentro da conmmemoración do Ano Castelao e as 20 horas comezarán os concertos. 

O sábado a gastronomía será protagonista do festival. Un día grande coa Gran Sardiñada Popular. A Zona Mahou acollerá por primeira vez unha prosposta gastronómica a cargo dos chefes Inés Abril e Alberto Gónzalez dos prestixiosos restaurantes con Estrella Michelín, Maruja Limón de Vigo e Silabario de Tui, respectivamente. Presentarán unha proposta moderna e innovadora da sardiña revenida. 

O domingo seguiremos tendo música da man de grupos como La Raíz, Zoo ou Russkaja, que farán un apoteósico fin de festa para o festival.

Te puede interesar