RABO DE NUBE

O louco Panero

Apreciei, á veces, en certos poemas de Leopoldo María, aqueles da secuencia titulada “La vieja”, por exemplo, no que a desorde mental atrancaba todo progreso poético.

Non o estaba tanto (falo de Leopoldo María, claro, seus irmáns, con fiestra aberta ao Norte ambos os dous, para o outro día) a xulgar polos escritos nos que ando a remexer e remoer nos días últimos. E é que nesta escolma de prólogos, artigos, etc, peneirados pola man experta de Ángel  L. Prieto  de Paula hai de todo, sen dúbida, pero algunha mostra de sobranceira lucidez, incompatible coa demencia total. Esa que si apreciei, á veces, en certos poemas de Leopoldo María, aqueles da secuencia titulada “La vieja”, por exemplo, no que a desorde mental atrancaba todo progreso poético. Porque mesmo para rachar co concepto, mesmo coa sintaxe, compre unha lóxica.

Por suposto que neste libro, fermosamente editado, con beleza asisada, por Huerga&Fierro en “La rama dorada”, hai tamén mostras de paranoia, así no artigo demencial no que se fala dun hostal de Colmenar Viejo, existente, dou testemuña, no que tentaron crucificar (sic) a Leopoldo María. Alucine total. Non así, en cambio, cando polemiza co seu examigo e compañeiro de esmorgas e presidios, Eduardo Haro Ibars (outro “maldito”, como Leopoldo María hai tempo desaparecido en combate, pola vida). Unha polémica moi ben escrita e levada (lástima non coñecer, au ao menos, a porción Haro Ibars desta milonga), na que Lacan aparece unha e outra vez. ¡Lacan! Eis a clave sicoanalizada dunha histria tremenda de compulsións demenciais mais criadoras de beleza (maldita). Co segundo dos Panero cadrei en varios momentos, no CM San Juan Evangelista, de Madrid, en recital de pago, cunha chea de rapaces de chupa de coiro disposto a comungar con aquel anxo (dos infernos). Nunha caseta de Huerga&Fierro, precisamente, cun Panero vítima dunha resaca atroz, indo e vindo ao xardín posterior depoñer a súa humanidade ampulosa. Algo de todo isto está neste libro espectacular (Leopoldo María érao), que nos permite coñecer aínda máis a un poeta inmenso. Quen de deixar un libro póstumo tan marabilloso como Rosa enferma, editado tamén por Huerga&Fierro, coidadores da persoa derradeira de Leopoldo María Panero. Agora, tamén, da súa obra.Con coidados extremos. Os que merece un louco tan xenial. Que ademais era un grande poeta. Se cadra por iso. Xustamente.

Te puede interesar