LA REVISTA

Nace en Moaña a primeira edición do Manifest

20170404223407449_result

SOZiedad Alkoholika E Riot propaganda serán os cabeza de cartaz do festival.

Moaña çe o lugar escollido para que Manifest sexa unha realidade. O primeiro festival da semana santa e a última cita festivaleira antes do verán.  Dous días nos que actuarán un total de oito grupos de rock, hardcore e metal, tanto galegos como do resto do estado. A continuación coñecemos mellor aos participantes:

Soziedad Alkoholika son unha das bandas máis influentes da escena independente. No seu son combinan Thrash, Hardcore e Metal como só eles saben facelo. Cancións contundentes e textos explícitos que golpean sen concesións mantendo en todo momento o seu selo persoal.
Co seu novo álbum “Sistema Antisocial” baixo o brazo, volven aos escenarios a ofrecer un directo con toda unha descarga de poderío sonoro.

Ezetaerre é un grupo de rap combativo en galego formado por Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e Juan (Pirola). O seu último traballo "Aspiracións Mínimas e Urxentes" foi unha grata sorpresa e un golpe de frescura na escena musical do país. 

“Indomables” é o quinto disco dos vigueses Aphonnic, formado por 11 temas onde agresividade e melodía volven a camiñar da man como se de padre e fillo se tratase. Un sentimento capaz de deixar pegada no receptor convirtíndoo en cómplice deste rock potente e visceral.

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady.

Despois de 4 anos Riot Propaganda volve cun novo disco. Catro anos nos que os efectos da crise medraron a desigualdade social e a miseria. “Agenda oculta” é o seu novo traballo. 
Rebeliom do Inframundo son a día de hoxe un dos máximos referentes do rap en galego. Esta banda das Rías Baixas foi quen de facerse un sitio nun grande ámbito de público e estilos.

Arrhythmia é un trio de Power Rock de Lugo. En 2012 edita o seu primeiro traballo “III” que lles permite xirar por grandes festivais galegos como A Candeloria, Castelo Rock ou Revenidas, entre outros. 

Golpe Radikal nace en 2011 na Pobra do Caramiñal. A súa proposta musical constrúese sobre un amplo abano de estilos. Adrenalina, pasión e frescura definen "El sello del diablo" e o seu primeiro traballo de estudio. 

No Salón de Plenos do edificio do Concello de Moaña, pola tarde tanto do venres como do sábado, poderase ver "NOLA?" de Fermín Muguruza, "Apocalipse NAO" de ZIWA ou "Camilo, O Último Guerrilleiro". Estes son só algúns títulos dos que poderemos gozar nas previas dos concertos.

O prezo das entradas é de 15 euros para as entradas de 1 día e 25 euros para o bono de dous días, de forma anticipada nos puntos de venda físicos ou na web www.codetickets.com. Ou 20 e 30 euros respectivamente na taquilla do festival.

Te puede interesar