RABO DE NUBE

Ordenando a Casares

xardinnnnnn

"Xardín Desordenado" 10 euros

El que raro que Carlos Casares, que foi prácticamente todo, e máis cousas tería sido (e -sobre todo- máis obra tería deixado de non se cebar nel aquela morte tempraneira e cruel), non fose tamén poeta. Algún (algúns) terán feito esta pregunta ao aire da celebración casariana o Dia das Letras Galegas deste ano. A resposta tamén no aire, de Dylan ou do propio Casares, mellor, no cedé que teño diante miña, do grupo vigués Xardín Desordenado. Que encabeza Santiago Ferragud, secunda Isaac Garabatos e ten como voz fermosa, asisada, a de Marlene Rodrigues. Un grupo que fai un pouco de todo, mais que se centra nun concepto de “jazz” á maneira propia, con aqueles de “bossa nova”, folk e un chisco de bolero para que o café resultante non vaia ser tan bravo como as laranxas adolescentes.

O que me leva pensar que discos como este, non estarían de máis para que a rapazada comezase coñecer textos poéticos en galego musicados e cantados por quen sabe. Todo é poñerse e muros máis altos teñen vido abaixo. Como fai este cedé, e respondo á hipotética pregunta co que encetei hoxe esta boroa/coroa que se titula Casares, simplemente. E nel hai contos ou glosas deles, así a mítica A galiña azul, que nomea unha rede de escolas onde o galego é algo máis que verniz, historias historiadas (de puro verdadeiras) e, volvo ao comezo, poemas. Como as homenaxes a Cernuda e Rosalía de Castro, tamén presentes neste disco. Non máis boto en falla o texto que musicara (e gravara en disco) Xerardo Moscoso, “Voces Ceibes”: “Poema de emerxencia para Carlos Casares”. Demostrativo, e sigo coa miña resposta, que Casares poetizaba, si, mais non como fin senón a xeito de medio.

Nos casos citados para glorificar a outros poetas. Rol que a poesía debe tamén ocupar. O mesmo que ostenta Xardín Desordenado para ordenar, poéticamente falando a un dos nosos escritores en verdade grandes. Que Galicia e a súa xente ten de asumir coa mesma naturalidade con que Xardín Desordenado, ademais dos citados, Lorezo Boo e David Outomuro, deseña unas musicas diferentes para cadrar aínda mellor o circo casariano. Con baladas, himnos, glosas folclóricas e “bossa novas”. Para que o festival “Casares”, no que todo entra, tamén a poesía, nunca cese. Non.

Te puede interesar