Ourensá bulidora

yolan
photo_camera "Con el tambor del viento", de Yolanda López.

Pertence Yolanda López (Ourense, 1976) á caste das escritoras bulidoras, o que ademáis de rimar en consonante atopa asonancias nas múltiples tarefas ás que Yolanda se adica.

Pertence Yolanda López (Ourense, 1976) á caste das escritoras bulidoras, o que ademáis de rimar en consonante atopa asonancias nas múltiples tarefas ás que Yolanda se adica. E que podemos atopar na lapela do seu último libro, que fala das inquedanzas, en galego e español, desta licenciada en Filoloxía Inglesa, doutora –ademais- cunha tese sobre a escritora sureña Eudora Welty. Yolanda López, en fin, e desta volta vou falar exclusivamente do seu rol poético, adoita escribir unha poesía ás veces arraiana nas estructuras surreais, onde o nada é o que semella mais todo acaba por semellar o que é. Isto arroupado, igualmente, por unha métrica irregular que acoiraza a extensión, igualmente aleatoria, dos poemas de Yolanda López. Quen, ao mei xeito de ver, escribe “diferente” (e emprego esta palabra nun senso amplo) dependendo do idioma no que se desenguedelle.

Así e todo escriba en galego ou en español atopamos unha autora cun idiolecto doadamente redoñecible que procura (autoprocúrase, máis ben) en dar consigo nesta viaxe poética persoal e intransferible, de quen non coñece escolas nin se manexa en capelas. A ourensá bulidora sempre ao seu aire. Nos últimos anos en Madrid. Agora camiño d´A Coruña, onde (re)comezará o seu camiño, De momento, na última entrega, expresado en español. Cun libro moi pulcramente editado por Huerga y Fierro, con capa incendiada por Turner, o que canxa ben cosa explosión de cores desta poeta. Neste caso practicante dunha estratexia de dinamitar os interiores, ata facer deles desfeita liberadora; eis unha das misión/ dimensións da poesía.

Para o caso enderezada en doses pequenas, en formato cativo, cinco, seis versos cáseque todos os poemas, que nos falan dun amor difícil, acedo, pouco doado de acadar, con metáforas que nos falan dun imposible/ posible, onde se cadra os cantís son a figura que mellor expresan o arriscado do intento. Poesía chea de risco, a que nos planteza Yolanda López, nunha paisaxe definitivamente minada. E ela, que se move nesta raia (poeta de fronteiras, pois) complexa do bilingüismo explica na súa lección ben aprendida que asume os perigos. E é que, xa se dixo, estamos a falar dunha ourensá bulidora. E fai ben. Fai moi ben.

Te puede interesar