LITERATURA

En pirinxolas

Emprego esta expresión tan coloquial, que en segundo que partes de Galicia vale para andar en bolas ou en pelota, para definir a última aventura de Jaime Bayly.

Un autor peruano que no seu país de orixe, e en Miami, fai nas televisión aquelas un papel (un papelón) semellante, entendo, ao de Boris Izaguirre, nas nosas. Diferencia importante: Boris é un escritor mediocre, senón abertamente ruín, mentres que Bayly non soamente se defende mais é quen de armar novelas chamativas. Non sempre aprobadas pola crítica, poisque o autor anda por elas, tal como facía Umbral nas súas, pero dunha maneira moito máis salvaxe. Ou sexa, Jaime Bayly, bisexual confeso, pai de dúas fillas dun primeiro matrimonio, dunha terceira nun segundo matrimonio cunha rapaza vinte anos máis nova, non se corta tampouco ao confesarse amador do alcool e outras substancias menos legais, o que muda os seus libros, así este último, nun “cocktail” nutrido de transgresións. Que non valerían un pataco de non ir acompañadas por un estilo eficaz  e un concepto coherente (dentro da parcialidade pola trasnada).

Así as cousas esta novela, demostrativa de que a literatura peruana ten un aquel de humor provocativo (Vargas Llosa, Bryce Echenique, Bayly) como exemplos, fala en dous planos de cómo un escritor televisivo e bisexual casa con rapazola se non bisexual con ensoñacións de selo, despois de que esta fica embarazada. A realidade viaxa en paralelo tal como a conta o devandito, home de vida sentimental complexa, con esposa anterior e noivo arxentino. Semellante barullo está ben resolvido por Bayly, nidio “alter ego” do protagonista do enredo, porque o peruano escribe de marabilla, cunha técnica de memoria novelada (ou ao revés) que fai/ fará que os seus lectores ou ben apañen partido por el acto contino ou sufran dun proído incesante, porque este libro por ter ata conta con escenas escatólxicas dun naturalismo moi rechamante. 
E non é cousa de entrar en detalles para non esfolar un libroano que se vai con curiosidade morbosa, para atopar logo escenas de alto voltaxe sentimental. Que no fondo somos o que amamos. Por máis que aquí non falten momentos gastronómicos ricos en colesterol. Un autor en, grosas, pirinxolas. Si.

Te puede interesar