CON TEXTO

Poesía de verdade

OceanWikiS
photo_camera Ocean Vuong

"Cielo nocturno con heridas de fuego", de Ocean Vuong, demostra que ainda hai quen desexa remexer nas augas do tópico, do lugar común, do prosaismo que tenta pasar de contrabando cousas vellas coas caras da xuventud.

Púxose últimamente de moda, véxanse os “hit-parades” dos xornais que se ocupan do tema, unha maneira poética que máis semella letra de canción que outra cousa. A letra diferénciase, básicamente, do poema na duración. A primeira está prevista para dous, tres ou dez minutos (xa postos) que é o tempo que se toma unha canción. Ademais de precisar (agás de tres ou catro excepcións) dun soporte musical axeitado. O poema, en cambio, é ou debera ser para sempre, non ten limitacións temporais, xa que logo. Que é o que pasa cos que compoñen este libro de Ocean Vuong, poeta de orixe vietnamita aínda que afincado nos Estados Unidos. E gañador do moi prestixioso premio T. S Eliot (outorgado no seu momento a Ted Hughes, Seamus Heaney ou Derek Walcott).

Por iso bater cun libro tan importante, dun poeta novo de verdade, ao contrario que moitos dos seus coetáneos (de aquí ou acolá), un experimenta a gratísima sensación de que non todo está perdido. Que aínda hai quen desexa remexer nas augas do tópico, do lugar común, do prosaísmo que tenta pasar de contrabando fórmulas vellas (da poesía social, por exemplo), coas caras pretendidamente novas da “juventud, ja, ja, sabe lo que quiere, sabe adónde va” do inefable Palito Ortega. E non, claro. Que o que sabe é este Ocean Vuong, poeta de moitos estalos, que mesmo fai poesía, non nada choromiqueira, da súa opción homosexual. Ou escribe unha “Oda á masturbación”, non nada lonxana  de aquela memorable canción de Brassens, “Fernande” (versionada por ¡Carla Bruni!). O cal que Vuong é un poeta urbano que non rexeita a natureza, un poeta con economía expresiva mais que -igualmente- percorre o camiño máis longo, onde a mocidade americana expresa o seu “way of life” cun acento tan dorido como poucas veces ten reflectido a poesía moderna.

E, por suposto, hai belicismo tamén nas imaxes deste libro. ¿El como non vindo dun que nacera en Saigón, nos anos de chumbo? Un libro sobranceiro que presenta a editora hispano-mexicana Vaso Roto, das máis esixentes á hora de outorgarnos poesía. Nun libro traducido para o caso pola poeta mexicana Elisa Díaz Castelo, con distanciamento mais tamén coa paixón precisa, a mesma que expresa Ocean Vuong, un gran poeta para non esquecer.

Te puede interesar