LA REVISTA

Que cantan as poetas de hoxe?

Amalia Iglesias presenta unha antoloxía de dezasete poetas españolas que naceron entre 1970 e 1991

Que cantan as poetas de hoxe?

Apaño de Alberti, deste poeta inmenso case todo é apañable, agás -se cadra- o teatro, e os libros de memoria nos que meteu a man a súa segunda esposa, Asunción Mateo, esta glosa dun dos seus poemas. Aquel no que falaba dos poetas andaluces. Eu emprégoo para glosar a escolma de Amalia Iglesias Serna, ela mesma poeta sobranceira, referida ás poetas españolas que abarcan o período –segundo as súas datas de nacemento- que vai de 1970 a 1991. Unha antoloxía, tense dito, é sempre un erro. E eu engado que, dependendo da súa calidade, reparable ou non.

20180201183654898_resultrto que coidando no número abondante de poetas novas, éditas a día de hoxe, que poderían entrar nesta selección, a aposta de Amalia ten un aquel de risco. Mais risco e poesía son bos compañeiros. Así e todo no seu prólogo, máis longo do que se adoita nestes eidos para semellante ocupación, Iglesias fuxe da magoante “excusatio non petita”, para explicar que a súa é unha escolma de mulleres de élite, que non elitistas, obviamente, “diversas” (no que teñen de diferentes) e “versadas” (abonda co CV de cada unha delas para saber de onde veñen e, se callar, onde van). Á parte as súas poéticas, lástima fora, que non se definen no proemio, tampouco as poetas, por entender a antóloga que elas, os seus versos, deben falar pola súa conta.

De maneira que nos atopamos diante de dazasete poetas españolas, das que todas escriben en español, agás Leire Bilbao, que o fai en euskera (aínda que, para o caso, tamén apareza en castelán). De Galicia non máis hai unha poeta, Miriam Reyes, que xa teño albiscado noutras escolmas. Nomes coñecidos (Elena Medel ten o do da ubicuidade e Raquel Lanseros comeza telo) para un libro moi fermoso en continente. O contido, a gusto do consumidor (de poesía, “rara avis” e, por iso, de xeitos d Anelicados). O conxunto, xa se dixo, diferente. Aínda que teña en común libertade formal e concepto duro, ás veces durísimo. Como expresando nidiamente que o termo “poetisa”, rexeitado por Amalia Iglesias e por calquera que saibamos de que vai o choio, é dunha asneira extrema. Cal dicirlle poesía ao poema, como ás veces escoitamos entre quen pensan que a poesía é cousa de todos. Si, pero non, e diso vai tamén o libro de Amalia Iglesias Serna.