MÚSICA

Ribadavia encherase de música ca décima edición do Festival Arteficial

O evento celebrarase o sábado 3 de setembro dende as 12 horas ata as 23 horas.

O FestivalL Arteficial completa o seu cartel e presenta as 11 bandas que actuarán durante o décimo aniversario da existencia do seu festival, o día 3 de setembro.
O X Festival Arteficial repetirá o seu formato de festival alternativo diurno e totalmente de balde, xa consolidado como un dos referentes da música Alternativa no Norte da Península, nun marco incomparable como o é o corazón da vila medieval de Ribadavia. 
O evento celebrarase o sábado día 3 de setembro de 2016 dende as 12:00 ata as 23:00h, no conxunto histórico de Ribadavia en dous escearios diferenciados, polos que pasarán 9 bandas e nos que ademais teremos unha zona de mercado alternativo (Fanzines, comics, roupa...) e gastronomía (pulpo, Hamburguesas de tenreira galega e outros produtos típicos da zona). Como novidade este ano ofrecemos un terceiro palco na rúa principal de Ribadavia (Rúa Progreso) a partir das 23:00, en colaboración coa empresa ourensana Doppler e o colectivo da mesma localidade, Cao Can onde poderemos ver a outros 2 artistas (Pálida e Mounqup). A outra novidade de este ano son as festas post festival (“DespoisParty”) en diferentes pubs de Ribadavia, con Dj´s de música alternativa (Dj Tito que pinchará discos de vinilo dos 70,80 e 90 no Pub "Aljama" e Dj Chago e Abelo Valis que asegurarán festaza no bar "Meu") ata altas horas da noite. 

Este ano ademais colaboramos coa Cruz Vermella do Ribeiro nunha recollida de Alimentos que faremos no propio recinto o día do festival e poremos autobuses a disposición dos asistentes que veñan dende Ourense (por un prezo de 6 euros se hai un mínimo de 19 prazas cubertas), Vigo (por un prezo de 10 euros se se cobren 20 ou mais prazas) ou Santiago (por 12 euros a partires de 30 persoas) que se poden reservar ata o día 31 de agosto no mail [email protected]

Toda a información sobre horarios de actuación dos grupos e buses está actualizada no Facebook: Festival Arteficial Ribadavia
O Festival  conta entre os seus patrocinadores e colaboradores oficias co apoio de San Miguel, Gran Reboreda Morgadio, Bodegas Lodeiros, Deputación de Ourense, Concello de Ribadavia e como medio oficial La Región 
As bandas confirmadas nesta edición son:
Emilio José, Sequin, Rick&Vera, Surma, Thee Blind Crows, Bala, Guerrera, Igmig, Fogbound, Pálida, Mounqup.
Un cartaz que conta ca presenza de grupos galegos , madrileños, portugueses e incluso franceses.
Un ano mais, e xa van dez, Ribadavia encherá as súas rúas de gastronomía, arte, cultura e música independente e totalmente de balde. Once horas de concertos e mais de quince horas de música. Todo isto tan só unha semana despois de festexar a súa festa grande, a Festa da Istoria. 

Te puede interesar