LA REVISTA

Romance en Nova York

Anda Francisco Álvarez “Koki” por Nova York, como quen anda por casa propia. Ou iso semella deducirse deste libro seu, Sombra de luna, escrito na cidade dos rañaceos, por máis que algúns dos seus poemas ben poideran ter nacido con anterioridade.

Anda Francisco Álvarez “Koki” por Nova York, como quen anda por casa propia. Ou iso semella deducirse deste libro seu, Sombra de luna, escrito na cidade dos rañaceos, por máis que algúns dos seus poemas ben poideran ter nacido con anterioridade. O conto é que “Koki” leva vivindo en Nova York trinta e pico anos, o que xa ven sendo unha certa cantidade para os tempos alebrestadísimos que nos toca vivir. E a cousa é que o guardés marchou de aquí no ano 81, de maneira que se perdeu unha chea de cousas (e outras que o perderon a el).

Así e todo estar lonxe da patria ten as súas vantaxes. Non a menor a de ir ao aire que lle pete a un,  contracorrente ou botando peito contra os diaños da saudade cunha escrita ventureira no que ten de aberta ao mundo. A que se deixa ver neste manual de instruccións sobre como vivir/ escribir en Nova York, sen que as sombras de JRJ, Lorca ou José Hierro (por citar tres poetas grandes que se ocuparon dos entobos da mítica urbe) pairen en exceso riba del. De máis, digo, porque Lorca, no espírito, tácitamente, por alusións, está. No estilo, relativamente, algún romance, se cadra, un poco ao “kokiano” xeito. No concepto, máis, aínda que para esganarlle o pescozo, como aquel cisne do que falaba Celso Emilio Ferreiro.

Quen ten aquí a súa elexía, simplemente “In memoriam”. O que me fai pensar, e ben sei de ucronías poéticas, que este é un libro con poemas de tempos varios. Elexías; aquí hai varias, mais á parte das dirixidas a persoeiros, así o propio Celso, ou Andrés Segovia; moi parcial son da “Elegía a un camarero”, con esa solución epigramática (case unha greguería): “El camarero de blanco/ siempre de corbata negra/ guarda luto por sí mismo”. Por suposto está tamén a paisaxe neoyorkina, paisaxe urbana, sen dúbida, mais hai un salto espacial a Granada. Con visita á Huerta de San Vicente (Lorca de novo, lugar visitado, e fotografiado por Blanco Amor cando a República) e un curioso poema adicado á “Tarde de Feria en Granada”, arromanzado, con aires lorquianos, e algo como de copla (“Koki”, xa se dixo, é poeta de mil pezas, e fai ben). E aacabo (empezo) por Lorca, O poema “Greenwich Village”, como sinala o prologuista Fálquez-Certain é o contrapunto á “Oda a Walt Whitman” lorquiana. Si.

Te puede interesar