ENTREVISTA

O talento e humor de Roberto Vilar

Deixou o outro lado da cámara para dar o salto como cómico. Hoxe é o showman con máis éxito na televisión galega, éxito que tamén intentará en Antena 3

O talento e humor de Roberto Vilar

Dirixe e presenta o programa de máis éxito na Galega. Un show moi á medida do seu carácter e do seu humor. Roberto Vilar (Xove, 1971) compite co seu Land Rober na noite dos xoves coas grandes producións das televisións estatais e pode sentirse orgulloso de sacar peito coa cota de pantalla máis alta da televisión autonómica. Agora está a preparar un segundo programa para emitir a través de Antena 3.

Que te levou ate o mundo da televisión?

Un profesor meu de galego en Cou, díxome que había un curso de televisión en Santiago. Esto foi no anto 1989. Fun para Santiago, estudei para estar detrás das cámaras, de técnico, de cámara e así empecei. Chegou un momento en que eu vía os monecos e dicía para min coa miña xuventude, “pero si eu podo facelo mellor” e entonces decidín arriscar, dar un paso e non foi mal. Comecei facendo castings, traballando no super martes, logo viñeron os Tonechos... Creo que tiven moita sorte

Ademais de presentar, actúas?

Esto ven porque no propio Land Rober hai como dúas partes. A que nós chamamos de entretemento,  xogando co público, estando cos invitados, e outra parte que é un 50% do programa que son sketchs. Son pequenas pezas de comedia de situación e ahí sí fago de cómico, de actor, interpretando personaxes con Touriñán, con Eva e cos invitados que pasan polo programa. Por Land Rober teñen pasado todos ou case todos os actores e actrices que hai en Galicia e outros invitados que non son actores.

Daquela, hai un roberto Vilar cómico e outro actor?

Non. Eu non me sinto actor. Non é algo que levo dentro. O que levo dentro e ser cómico E como cómico interpreto personaxes cómicos, pero a interpretación dramática non é algo que eu sinta. Podería facelo, si, pero non é algo que teño dentro. O que teño dentro e un paiaso de facer tonterías e pintar a mona, de ser cómico.

Cando chega Land Rober a TVG no mundo da televisión está todo feito. Cal cres que foi a chave do éxito do teu formato?

Nós démonos conta hai tempo xa que en televisión, como dis, esta todo ou case todo feito, entón pensamos que a maneira que habería que traballar era polo xeito de facer as cousas. Non polo que fas senón por como o fas. Intentamos buscar a nosa identidade facendo as cousas a nosa maneira, con certa torpeza, dunha maneira cercana ó público e iso funcionou. Eu creo que o éxito de Land Rober está en esa maneira de facer as cousas. Non é un programa diferente en canto formato a moitos que hai do seu estilo, pero si é no xeito de facelo e, polo que sexa, o público sínteo como seu e isa e a razón do seu éxito. Por unha alquimia que non se sabe moi ben como é pero que funciona, porque o público sinte que o Land Rober e seu.

Un público ecléctico, de todas as idades, urbano e rural. Non parece fácil.

Tecnicamente debería ser imposible porque cando dis que fas un produto televisivo para todos os públicos esa é unha frase. Porque non existe. Non ten nada que ver o gusto dunha nena de 15 anos cun adulto. Por eso volvo a insistit en que todo está no xeito de facelo. É un programa largo e pasan moitas cousas e intentamos facer cousas que lle gusten a todo o mundo. 

O xeito de ser longo non o fai máis difícil?

Máis de dúas horas. E se podemos facelo tan longo e grazas ó público. Aquí as cousas duran moito máis que no resto dos programas pero non é polo noso talento, é porque contamos coa xenerosidade do público.

Levas o peso do guion, dos contidos do programa? Porque parece un programa moi teu, máis que de guionistas

Este é un programa que os entendidos chaman “Personality”, que é un programa que ten a personalidade de quen o firma. Que en este caso é Roberto Vidal. Pero cada vez, menos. Eso sí, intento facer as cousas que máis me gustan e rara vez, moi rara vez sucede ou sae algo que non me guste.

No teu traballo hai una evolución, o Roberto dos Tonechos, o roberto de Land Rober, tamén no personaxe, e incluso na persona que o encarna?

Si, pode ser, pero eu non vexo, dende dentro a evolución. Vexo o que pasou, como feitos distintos. O dos Tonechos foi brutal, tremendo, porque vivir nunha vida o que foi o dos Tonechos que movía masas... e agora con Land Rober que tamén ten un impacto incríble. Si é certo que o Roberto Vidal, o real cada vez se parece máis o que sae na tele e me vou quitando plástico de encima e cada vez o que sae na tele é un personaxe máis normal, máis real. 

Comezaches co programa grabado pero agora é en directo. E máis dificil facer un programa tan largo e en directo?

Curiosamente, facelo en directo resulta máis fácil que grabado. Porque o programa en directo ou é fácil o imposible. Ou sale ou non sale. Un programa moi vivo no que pode pasar calquera cousa. É un programa que está escrito, está todo guionizado, todo está ensaiado, pero, de repente, pasan cousas coas que non contabas. E ademais o directo da unha conexión coa xente, a través das redes sociais. O programa ten moito éxito nas redes sociales, porque o público fala del como se fora seu, é un programa do público e o público sinteo así. E iso e moi difícil de conseguir. Tamén é certo que estamos moi atentos a ese público e teo que dicilo, é a primeira vez que me pasa en televisión que o único importante para todo o equipo é o público.

Estás traballando nun formato para antena 3 ¿hai moita diferencia de traballar aquí e en Madrid?

Para min totalmente diferente, porque traballar en Galicia me resulta fácil. levo moitos anos traballando, coñezo os resortes de cómo funciona esto e vou coñecendo tamén o público que son os meus paisanos. En Madrid é máis difícil porque pouco ten que ver un espectador de Fuengirola con outro de Ermua. Así que non vai ser fácil. Eso que se fala de trasladar o humor galego a Madrid, non é nada fácil pero a obriga dos cómicos e sempre intentalo. O cómico ten sempre que poñerse en risco, non acomodarse ó que lle sae ben e punto. 

Estás nun punto culminante. Resulta difícil manterse?

O meu amigo Moncho Fernández, entrenador do Obradoiro di que se non subes baixas, se non melloras empeoras. É unha verdade, en televisión unha vez que consigues un obxetivo se non sigues tras outro, baixas, nesta guerra que hai polas audiencias. Realmente é estresante para todos, para mín, para o equipo. Pero creo que ademais do que dicía Michael Jordan, que hay que sair para dar cada día a mellor versión de ti, o asunto está en ser feliz co que fas. O día que o teu traballo, que o teu personaxe deixa de facerte feliz, ese día acabouse.