LA REVISTA

Un novel dá no branco

bruselas_result
photo_camera Imaxe de Bruselas, onde se dan cita algúns dos protagonistas da obra de García del Castillo.

García del Castillo propón sete casos de difícil solución

Nunca lera nada de Luis García del Castillo, autor vallisoletano de 1971, avogado en exercicio, suxeito cosmopolita poisque morara en Italia nunha estadía ampla. Nunca o lera, repito, mais despois do seu debú prometo seguirlle os pasos.

Só ou acompañado do leguleio Blanco, especialista en resolver casos normalmente complexos mais ás veces tan doados como a famosa carta roubada de Edgar Allan Poe. Por máis que o morto en Baltimore (Maryland), de “delirium tremens”, traballara máis o terror que a indagación.

Non é o caso de García del Castillo quen, logo de dotar ao se heroe de axudantes, mulleres, por certo, fai que este poña man no labor, movido –sen dúbida- por razón pecuniarias mais, tamén, por un instinto romántico o que o emparenta con elementos da novela “negra”, por mais que aquí non haxa sexo nin acohol, aínda que si asfalto (o terceiro pé para o trípode da novela “negroide”).

Así as cousas sete son os casos propostos por Luis García del Castillo. Algúns pequenos, outros de maior extensión. Non os vou explicar aquí, desde logo, non farei “spoiler” (como din meus alumnos adolescentes, téñoos tamén maiores, outro mundo, trabucando acción con executor dela) mais si que tentarei presentar aperitivos onde ir petiscando.

De maneira que unha das historias viaxa a Bruxelas onde desaparece unha rapaza que non máis quere facer medrar os peitos. Outra ten que ver co xeito canino, para melllor canear as leis, co que uns narcos trafican coa droga.

Unha terceira, en fin, fala dun nachiño que en trance de casar vai e lisca. Falo destas tres para abrir apetitos dos seguidores do xénero, que no libro de García del Castillo atoparán satisfacción en doses pequenas ou á portuguesa; ou sexa, grandes ou grandísimas.

O autor, o que demostra ás veces de xeito explícito, aprendeu ben aprendida a lección de Agatha Christie, a sombra de Poirot, xa se sabe, ben delongada. Mais tamén a de Hammett ou Thompson, e sabe xogar coa retranca propia dos grandes do xénero. Sen incorrer na metaliterarura nin no pastiche.

Cousa moi de agradecer, por certo. En fin, benvido este narrador e oxalá que fique con nós por moito tempo. A literatura destes eidos, afeita aos consabidos sota, cabalo e rei, sairá gañando.

Te puede interesar