Unha xoia

José Antonio Muñoz
photo_camera José Antonio Muñoz

"Las cosas del campo" (1951) é, sin esaxerar, unha das máis altas cumes do poema en prosa español do seculo XX. O seu autor, José Antonio Muñoz rojas, foi un destacado poeta da chamada xeración do 36

Abrumado, ás veces agobiado (cando a lectura ten de ser un pracer sempre) por lecturas obrigadas que non sempre deixan o corazón contento (como naquela canción de Palito Ortega, pai, por certo doutro Ortega o -grande- director  arxentino da película “El ángel”) é marabilloso descubrir cousas case clandestinas. Como este libro que, por riba, recibo como agasallo a través da man amiga de Mercedes Ostolaza. Tan vasca como o Monte Igüeldo, onde ten morada.

O libro, do malagueño Muñoz Rojas, óptimo poeta e traductor do inglés (de Donne, Wordsworth, Hopkins ou Eliot) escrito entre 1946 e 1947 tivera unha primeira edición privada (1950). Ata que, recuperado en 1975, por Destino, xa non deixou de rolar entre lectores “de culto”, deica esta edición, fermosisima, continente e contidos, de Pre-Textos (unha das editoras españolas máis exquisitas). O libro xa non engana no seu título. Tan sinxelo como o que anuncia. ¡Cousas do campo! Case nada. Mais detrás desa sinxeleza, tan machadiana (de Don Antonio, neste caso, ollo, que Don Manuel tampouco era manco) hai unha pureza idiomática, de obrigada visita para quen desexe saber de que vai a lingua española (non castelá, hai xiros andaluces, se non arábigo-andalusís, en Muñoz Rojas) para nomear árbores, plantas, flores, paxaros, sementes e sementeiras. Unha riqueza léxica que nos falan dun poeta sobranceiro, moi ao JRJ, sempre inmenso, tan andaluz el tamén (como por certo, cuarto e metade da poesía española; repasade nóminas, facede o favor).

Mais, da mesma maneira, un poeta (que por idade e relacións ben podemos inscribir na “Xeración do 36”) que sabe embridar o seu xeito para que este non se desboque. Un cabalo manso pero tamén rebelde (a literatura grande debe selo) que vai ao paso mais tamén galopa polo campo andaluz, onde as oliveiras centenarias merecen o tratatamento que lles dispensaran, seica, os soldados napoleónicos, armas baixadas diante delas. Iso non o conta José Antonio Muñoz Rojas (Antequera, Málaga, 1909- Mollina, Málaga, 2009), mais ben o podería ter feito. Un mundo, cousas, homes, o da campía andaluza, recriado por un home que cando volve atopar algún dos seus herois pensa que lle fuxira das páxinas do seu libro. Tal cal.

Te puede interesar