CULTURA

Votando por Fermín

Dibujo

Poeta, novelista, sociólogo, columnista de opinión, Fermín Bouza foi un autor máis que culto, de respecto, aínda que en Galicia no se lledera cuartelillo abondo malia gañar cunha das súas obras poéticas, o premio da crítica.

Leo con pracer melancólico este libro póstumo de Fermín Bouza. Aquel home grande, no senso lato da palabra, que se nos foi –peor que de súpeto, nunha morte madrugadora de máis atacando a un home lúcido cáseque ata o momento derradeiro, dou fe- no outono de 2016. Fermín, nado en Santiago, en 1946, deixou unha obra escrita ampla, en galego e español.

Poeta, novelista, sociólogo, columnista de opinión, Fermín Bouza foi un autor máis que culto, de respecto, aínda que en Galicia non se lle dera cuartelillo abondo. Malia gañar cunha das súa obras poéticas o Premio de Crítica e de ter publicado dous libros de poemas e dúas novelas en galego. Penso que todo este material é merecente de reedición. Como aquela narración longa en español, “Las bodas secretas de Lilia”, hoxe inatopable. Pero o libro póstumo de Fermín, igual quedan manuscritos inéditos, Bouza era deses que acougan cambiando de fátiga (para o caso de territorio literario), inclúe o seu traballo como “blogger” activísimo. A súa derradeira entrada, do 6 de outubro, certamente chea de melancolía, enchendo de malos agoiros (aínda que escritos coa elegancia deste home de espirito lanzal) chamado Fermin Bouza Álvarez. O blog era “O voto con botas”, centrado básicamente na política, con ese concepto liberal/ xeneroso (Bouza sabía matizar) de quen tendo moitas razóns non se pensa en posesión dela. Mais á beira da “res política” Fermín igual falaba de Chavela Vargas que citaba ao poeta Carlos Oroza que recomendaba escoitar a Léo Ferre cantando a Louis Aragon. Todo isto configuraba un “blog” amenísimo que servía a moitos como referencia.

Eu tiven noticia del a través de Manuel Rivas, prologuista deste libro, no que ten moito que ver (a maiores) Carmen Pena, compañeira fiel do pensador galego (e catedrático universitario, dos de verdade, que de todo hai), quen se encarga da edición e prefacio do volume. Con escolma do “blog” (incluido por enteiro, máis de catro mil entradas, nun cedé adxunto) por parte de exalumnos de Bouza, na Facultade de Ciencias da Información da UCM. Porque Fermín fixo escola; eu formei parte da súa, versión peripatética. E sigo a escoitar ao Mestre Bouza neste libro. Porque escribía como falaba. De marabilla. 

Te puede interesar