LA REVISTA

Will de novo Will

Traducir ao William Shakespeare poeta non é novo. De feito hai unas cantas traduccións dos Sonetos shakesperianos, que tanto traballo levan dado aos críticos, pola súa pureza e complexidade interpretativa.

Traducir ao William Shakespeare poeta non é novo. De feito hai unas cantas traduccións dos Sonetos shakesperianos, que tanto traballo levan dado aos críticos, pola súa pureza e complexidade interpretativa. Lembro con espacial agarimo a de Agustín García Calvo, el mesmo poeta (e dramaturgo, Baraja del rey Don Pedro, é unha espléndida función do escritor e catedrático zamorano da que non tiven noticia –cousa que me entristece- desde a súa estrea en La Abadía, de Chamberí). Mais non é este o sitio para enumerar as versións shakesperianas senón para saúdar como se merece a aparición desta que teño diante miña, debida ao profesor abulense, Pedro Pérez Prieto, traductor de moitos poetas ingleses (un deles, a petición miña, o victoriano Coventry Patmore) e moi en particular Lord Byron, recente a súa interpretación de El Corsario, tamén para Sial/ Pigmalión, esa editora tan “indie” como loitadora. Desta volta Pérez Prieto, el mesmo de aspecto persoal tan casual como cáseque corsario, de elegancia byroniana, abraia cunha traducción fidelísima e, ao tempo, arriscada deste conxunto marabilloso onde a reflexión sobre o paso do tempo combina cun erotismo camuflado, onde “will” vale para vontade, mais tamén como hipocorístico de William. E por aí rula Pérez Prieto a xogar coa palabra divina do Bardo de Avon.

O ano pasado de aniversario, o mesmo de Cervantes, e non deixa de semellar prodixioso (as casualidades apenas son un estado de ánimo, como a paisaxe para Amiel) tantas circunstancias comúns a ambos, non a menor a da súa morte en datas veciñas aínda que non tan coincidentes como quixera o tópico. Cuestion de calendarios dispares, xa se sabe, como debemos saber a partir de agora que esta edición bilingüe (IV Centenario) é unha xoia que deberán conservar os lectores amantes de Will. E permitan que me tome estas confianzas co xenio porque, xa se dixo, el mesmo nos dera pé. Regalía, en todo caso, esta colección de 154 sonetos, con eses dous versos finais á maneira  inglesa, a facer -pois- de moral e conclusión.

E por certo que o último, segundo a versión de Pérez Prieto, di: “que agua amor no enfría”,  moi relacionado co quevediano “saber mi llama el agua fría”. Que os xenios emparentan. Si.

Te puede interesar