RABO DE NUBE

Yo, Feuerbach

20171114222745912_result

Pedro Casablanc da mostras de ser un actor de mil pezas, que s dunha soa teñen mopito senso nun xénero tan versatil cal o dramático ven sendo

Acompañado por Samuel Viyuela, “partenaire” do monologuista, un pouco como soporte deste, outro chisco para encher algún baldeiro na representación, Pedro Casablanc dá mostras nesta función de Tankred Dorst que é un actor de mil pezas, que os dunha sóa non teñen moito senso nun xénero tan versátil cal o dramático vén sendo. Neste caso dirixido a un asunto que nos remite, e non son malos exemplos, a Chéjov (sempre, sempre Chéjov) e -se cadra- a Beckett. E é que a referencia a un director de escena invisible encarregado de examinar a un actor mais que presente ten moito de farsa costumista (mais peneirada pola intelixencia) pero tamén de absurdo, desa cousa deshumanizada que se chama vivir no invivible. E por aí os tiros, moi ben gastados os cartuchos, deste Pedro Casablanc, ben coñecido pola súa presencia en cine e series televisivas, mais que demostra igualmente que o seu é, ¡e de que maneira!, subir a un escenario, facendo que o seu rostro, a súa faciana de cómico ao vello estilo, brille con toda calor xusta e necesaria.

Demostrando axilidade física e mental mesmo para recitar franciscanamente en italiano (lástima fora). Que o nachiño, desmelenado, non atope acougo no seu arrebato era tan visto como que o público presente en La Abadía, o teatro de Madrid que mellor combina tradición e modernidade, no interior dun vello templo e o seu nome non minte cal o algodón do anuncio aquel do mordomo tan refitolero, ía rebentar en aplausos para que Pedro Casablanc confirme persoalmente que hoxe é, xunto con Rafel Álvarez “El Brujo” e Luis Perezagua o mellor monologuista nun páis, porque non escoita, de seu parcial dos soliloquios.

O que pasa é que nun escenario estes teñen un pase do que carece a vida cotiá, non digamos xa a política tan pantomima, tan de mudos a falarlle a xordos. Ás veces tan absurda, tan patética como o teatro de Beckett ou certos elementos da dramaturxia de Chéjov. Tan actual que a día de hoxe, nos escenarios madrileños, coexisten Vania e Tío Vania, dous pés para o mesmo banco. E agora que o penso sería grande ver a Pedro Casablanc nun monologo chejoviano. De momento sentinme moi confortado seguíndoo neste de Tankred Dorst, no que fai de todo, menos de Don Tancredo, precisamente.

Te puede interesar