FÚTBOL GALAICO

Derrotas con sabores amargos

Os equipos do Auriense saíron derrotados ante os conxuntos do clube coruñés Fill@s de Breogán no campo universitario

Un xogador ourensán non logra recoller a pelota nunha xogada de ataque do conxunto coruñés dos Fill@s de Breogán.
Un xogador ourensán non logra recoller a pelota nunha xogada de ataque do conxunto coruñés dos Fill@s de Breogán.
Derrotas con sabores amargos

O fútbol gaélico ourensán recibíu dúas derrotas a pasada fin de semana na Universidade ante o coruñés Fill@s de Breogán. 

O equipo masculino tiña moitas expectativas en facer un bo papel ante os coruñeses. Pero nada máis lexos da realidade, foi un espexismo, xa que o ritmo alto do equipo visitante fixo ir por detrás aos ourensáns. Os visitantes anotaron na maioría dos seus ataques, ante o esforzo dos ourensáns. O resultado final reflicte a boa defensa o esforzo ante o acerto ofensivo dos visitantes. Ao final, 13-32 para os coruñeses.

Equipo femenino

As xogadoras ourensáns competían contra o mellor equipo da categoría e casi da a sorpresa da xornada. O Auriense feminino demostrou a súa potencialidade contra as Fillas de Breogán, un dos equipos punteiros da clasificación. O 22-26 final, reforzou o xogo das ourensás, pero quedaron con sabor a derrota.