+DEPORTE

FOTONOTICIA

Máis de 400 nadadoras competirán na IV Copa Deputación de Ourense de natación artística

A cuarta edición do Trofeo Copa Deputación de Ourense de natación artística reunirá o vindeiro sábado, 9 de xuño, na piscina “Rosario Dueñas”, no pavillón dos Remedios de Ourense a 425 nadadoras procedentes de 12 clubs de toda Galicia. A xornada desenvolverase en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas e de tarde de 16.00 a 19.30 horas. A entrada para o evento é gratuíta.

Máis de 400 nadadoras competirán na IV Copa Deputación de Ourense de natación artística