DEPORTE

A "Subida á Costiña de Canedo" cumpre 25 anos

photo_camera Saturnino subindo a "costiña" de Canedo na edición do 2011 (Foto: Miguel Ángel).

Nesta edición cada participante recibirá unha árbore coa fin de sensibilizar sobre o medio ambiente

O vindeiro 1 de xaneiro celébrase a vixésimo quinta edición da "Subida á Costiña de Canedo", unha competición impulsada desde o comezo por Saturnino González. Esta mañá tivo lugar a presentación da proba no Pazo Provincial, encabezada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, que se mostrou moi satisfeito, pois cada este "tradicional evento deportivo conta cun maior número de participantes cada ano".

Este ano cada participante recibirá "unha árbore ao recoller o seu dorsal co fin de sensibilizar e concienciar sobre o respecto á natureza”.

O comezo desta subida está programado para as 12.00 horas do luns, e conta cun total de 4.200 metros que os participantes poden recorres a pé, en bicicleta ou con cans, inclusive. Os interesados en participar teñen de prazo ata hoxe para inscribrise. A proba ten un prezo de dous euros.


 “Pode participar todo o mundo, temos categorías que van desde infantil ata os 100 anos e unha categoría especial para discapacitados”, explicou Laura López, a presidenta do Club Atletas Veteranos Ourense.


Saturnino González explicou que comezou a realizar esta proba hai 25 anos. Inicialmente facía o percorrido en bicicleta e portando nunha man unha bandexa con doce copas, unha por cada mes do ano, pero na XIX edición mudou a bicicleta polo atletismo, e desde aquela, realiza a proba correndo.

Pola súa parte, a presidenta do Club Atletas Veteranos Ourense dixo que o Club asumira a organización da proba “desde hai tres anos debido a crecente participación na mesma”.

Te puede interesar