MONTERREI

115.000 euros permitirán a reforma da rúa Maior da Gudiña

O deterioro do pavimento e o levantamento en varios tramos desta vía do Concello de A Gudiña, que vai desde a praza maior ata o cruce coa estrada OU-533, fan necesarias estas obras nunha das principais comunicacións do núcleo urbano.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de asinar co alcalde da Gudiña, José María Lago Cabo, o convenio de colaboración para a reforma e acondicionamento da rúa Maior, cun investimento total superior aos 115.000 euros. En virtude dese acordo, o Goberno galego achegará un total de 60.000 euros, asumindo o Concello da Gudiña a responsabilidade da execución das obras.

O deterioro do pavimento e o levantamento en varios tramos desta vía do Concello de A Gudiña, que vai desde a praza maior ata o cruce coa estrada OU-533, fan necesarias estas obras nunha das principais comunicacións do núcleo urbano.

As actuacións que se prevén realizar inclúen traballos previos e de demolición, destacando o levantamento de lousas de pizarra e picado do material de agarre adherido á superficie con medios manuais, xa que se pretende recuperar o 25% do firme para a súa posterior reutilización.

Ademais, colocarase pavimento de lousas de granito para delimitar o adoquín no cruce da rúa Maior coa rúa Feliciano Pérez.

Te puede interesar