Verín

32 alumnos dun IES de Verín serán titores dos máis cativos

EREW
photo_camera Algunos de los alumnos.

Escolares de terceiro da ESO do instituto Castro de Baroncelli recibiron os carnés acreditativos

Onte pola mañá tivo lugar no instituto de educación secundaria Castro de Baroncelli da vila de Verín o acto oficial de nomeamento dos alumnos que se convertirán nos primeiros titores entre iguais do centro.

Ó evento asistiu o concelleiro de Mocidade e tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, quen se dirixou tanto ós alumnos como ós mestres para agradecerlles "a enorme potencialidade desta iniciativa que persigue previr, detectar e actuar en situacións de acoso ou violencia entre os rapaces".

Foron 32 os alumnos que recibieron os oportunos carnés e diplomas, todos eles de terceiro de ESO.

Acredítanse así como titores de outros tantos escolares, neste caso, de primeiro da ESO, actuando con eles como se se tratasen do seu irmán maior e estando preto deles coa finalidade de mellorar a súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos posibles conflitos que se poidan rexistrar entre eles e actuar coma un referente para mellorar a autoestima dos máis cativos e previr posibles situacións que faciliten o acoso escolar verin2_resultdentro e fóra do recinto escolar.

O programa TEI (Titoría entre iguais) é un proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e, principalmente, para evitar a violencia e o acoso escolar (ou “bullying”), e estase a implantar en varios centos de centros educativos pertencentes a diferentes comunidades do estado. 

Ao longo deste mes de xaneiro, no IES “Castro de Baronceli” de Verín -así como noutros centros educativos da comarca- comezaron a aplicación desta iniciativa que implica aos alumnos de 1º e 3º da ESO ao longo do restante curso escolar.

Durante o primeiro trimestre deste curso 2017/18, unha parte do profesorado do instituto “Castro de Baronceli” -xunto con algúns centros veciños- formáronse na aplicación do programa TEI, ca asistencia de Andrés González Bellido, psicólogo e orientador no Instituto “Front Maritim” de Barcelona, creador deste programa educativo.

É agora neste segundo trimestre do curso cando comeza a implantación efectiva do programa no instituto verinense.

Beneficios contrastados

"Botamos a andar no noso instituto o programa TEI con moitas ilusións polos beneficios que sabemos traerá, e tamén con esa pequena incerteza propia dos comezos de algo importante e colectivo.

Vexamos esas pequenas incertezas -propias das relacións humanas- como unha oportunidade para axudar ao outro (unha das maiores satisfaccións) e aprender un mesmo de cada experiencia", explicou Alejandro Fernández Ordóñez, o mestre coordinador do proxecto no Castro de Baroncelli.

Te puede interesar