ENTROIDO

Aberto o prazo de inscrición para as carrozas do Entroido

ENTROIDO MONTERREI
photo_camera As comparsas e carrozas encherán de música e cor as rúas da vila.

Rematará o venres, 1 de marzo, e a colocación no desfile realizarase baixo o criterio da organización

A comisión do Entroido de Verín avanza na organización da festividade e, por este motivo, vén de abrir o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que queiran participar no desfile deste ano. A data límite para poder ser parte do mesmo, rematará o vindeiro venres, día 1 de marzo, ás 14,00 horas. 

Quedará a criterio dos responsables do evento a orde e colocación dos diferentes grupos, feito que se concretará nunha reunión previa que terá lugar o mércores, día 27 de febreiro, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura. Deste xeito, todas aquelas persoas e agrupacións que queiran participar terán que achegarse ata a Oficina de Información Turística de Verín en horario de 10,00 horas a 14,00 horas, polas mañás, e de 16,30 horas a 20,00 horas, polas tardes. O desfile infantil será o 28 de febreiro, ás 11,45 horas e o de adultos o domingo, día 3 de marzo, ás 12,00 horas. As comparsas e carrozas terán que estar, como mínimo, 30 minutos antes de que teña lugar a saída.

Por outra banda, o domingo de Piñata haberá un xantar popular para os participantes e, para poder acudir, será necesario adquirir un ticket no restaurante no que terá lugar.n

Te puede interesar