MONTERREI

Abre a inscrición para
o Obradoiro do Cigarrón

<p></p>
photo_camera <p></p>

Os participantes poderán realizar a máscara completa ou partes da mesma -do traxe ou da careta

O Concello de Verín vén de abrir, un ano máis, o prazo para que todas as persoas amantes do Entroido da localidade participen nas actividades enmarcadas no Obradoiro do Cigarrón. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo dende o ano 1997 co obxectivo de que a máscara máis antiga e con maior significado patrimonial da festividade verinense se manteña dentro duns canons de respecto polas formas tradicionais. Nestes talleres ensínase a facer todos os elementos deste personaxe, salvo o pintado da careta e os compoñentes de producción industrial. O obradoiro serve tamén para transmitirlle aos participantes o calzado que harmoniza co traxe típico, que tipo de chocallos e cantos se deben levar ou como vestir a máscara e empregala en público.

Os participantes poderán realizar a máscara completa ou partes da mesma -do traxe ou da careta-. No caso de que queiran facer o traxe, será indispensable ter coñecementos de confección con máquina, así como de calceta, ademais de estar dispostos a levar maquinaria propia ou aprender compartindo unha industrial.

As actividades formativas, para as que rematará o prazo de inscripción o vindeiro 30 de outubro, comezarán en novembro na Casa da Xuventude. As clases celebraranse durante as tardes dos luns e dos martes -no caso de que haxa dous grupos, o segundo traballará mércores e xoves-.

A cota de inscrición para participar no obradoiro completo será de 95 euros, aínda que se só se quere facer o traxe ou a careta, o prezo baixará aos 75. O obxectivo é que se fagan máscaras completas, polo que terán preferencia aquelas persoas que queiran asistir a todas as formacións. Tamén se aceptará que dúas persoas da mesma familia paguen unha matrícula e participen en actividades distintas.n

Te puede interesar