ELECCIONES

Ana Villarino tratará de revalidar o seu mandato

Manuel Baltar apoiou a candidatura de Ana Villarino.
photo_camera Manuel Baltar apoiou a candidatura de Ana Villarino.

Manuel Baltar destacou dela que é unha persoa "moi apreciada no concello, o que lle da forza e empuxe"

Ana Villarino, actual rexedora de Oímbra, presentarase á reelección polo Partido Popular co obxectivo de "poñer en valor un sector tan importante para nós como o primario, pola calidade da súa producción de horta e viño". O presidente provincial, Manuel Baltar, avalou esta candidatura destacando a "capacidade xestora" de Villarino, e calificándoa como unha persoa "que mira máis aló do seu concello para posicionalo na comarca, na provincia e fóra do noso territorio. Puiden comprobar que é unha persoa moi apreciada no concello, o que lle da forza e empuxe". 

A candidata á reelección de Oímbra chegou á Corporación local no 2007 e acadou a maioría absoluta en 2015. "Vivín a política local na casa dende moi nova, e sempre tiven claro que querería traballar polo meu pobo", asegurou a alcaldesa. Durante o seu mandato logrou a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e quere seguir traballando na redacción do plan de urbanización dos 64.000 metros cadrados do parque empresarial, co obxectivo de "dinamizar o sector ou a construcción de vivendas sociais". 

Por outra banda, aposta por poñer en valor o campo, potenciando os sectores hortofrutícola e vitivinícola, amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra e da DO Monterrei.

Te puede interesar