TRIBUNAIS

Apercibimento ao consistorio de Verín por non executar unha sentenza

Se condenou ao ente local a admitir a reclamación da formación frentista contra a modificación da relación de postos de traballo (RPT) 1/2010 de coordenación da policía local

O sindicato nacionalista CIG vén de facer público no día de onte o apercibimento que o xugado do contencioso administrativo número 2 de Ourense fixo ao Concello de Verín, coa posible imposición de multas coercitivas, por non teren executada e non facelo no prazo de 20 días, a sentenza na que se condenou ao ente local a admitir a reclamación da formación frentista contra a modificación da relación de postos de traballo (RPT) 1/2010 de coordenación da policía local. 

O ditame xudicial tamén establece a posibilidade de deducir testemuño de particulares (denuncia penal) no caso de persistiren na desobediencia.

O voceiro sindical, Manoel Anxo García Torres, insta ao grupo de goberno municipal, e, "específicamente, ao seu alcalde Xerardo Seoane (...) a recapacitar sobre se o camiño emprendido é útil para democratizar e mellorar as relacións laborais no ente local".

Te puede interesar