MONTERREI

Os artistas Coti e Ses actuarán na XIII Feira do Viño de Monterrei

A orquestra Principal, O Guateque da Década e a Orquestra Finisterre tamén estarán presentes

Os artistas Coti e Ses actuarán na XIII Feira do Viño de Monterrei

Verín acolle o próximo fin de semana unha das súas citas emblemáticas do verán: a Feira do Viño de Monterrei. 

Desde o día 10 e ata o domingo 12, a vila ofrecerá a veciños e visitantes unha ampla variedade dos seus mellores caldos, así como gastronomía e actuacións musicais para todos os gustos. O prato forte dos concertos estará protagonizado polo arxentino Coti e pola galega Sés, que actuarán o sábado e o domingo, respectivamente. Pero tamén haberá oco para a verbena, a cargo da Orquestra Principal o día 10, de Guateque da Década ao día seguinte e da Orquestra Finisterre a última noite da feira.

Verín xa está preparado para acoller aos miles de participantes que se achegarán ao recinto ferial para degustar os seus mellores viños e a súa gastronomía local. O prezo oficial mantense: cinco degustacións de caldos por cinco euros e unha copa personalizada da D.O. por dous euros.