MONTERREI

Así sentiron o lume

Vilardevós 23/5/18
Actividad prevención incendios en el colegio de Vilardevós

Fotos Martiño Pinal
photo_camera O ximnasio do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós ateigouse de pequenos nunha xornada de concienciación contra os incendios.

Os alumnos das escolas de Cenlle e Maside recolleron a invitación do CEIP de Vilardevós e achegáronse ata alí para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que arrasaron parte do municipio.

De seguro que ía moito tempo que a escola pública de Vilardevós non tiña tantanta actividade menuda. Moitos dos que alí estabamos lembramos os tempos nos que as aulas do Rodolfo Núñez estaban cheas de cativos das aldeas da contorna. Mesmo o rexedor local, Manuel Cardoso, que se achegou para darlle a benvida ós convidados, aludía con pesar ao deprimente feito demográfico que está a atacar ó rural ourensán: "Dende Terroso viña un só autobús con sesenta nenos sentados e aínda cinco ou dez de pe; agora non veñen nin cinco", laiábase. 

Pero non era onte día de chorar, ou si. Porque o documental que os máis de douscentos presentes, entre "cativaxe" -por utilizar un término do vocabulario particular da directora do CEIP de Vilardevós, Rochi Nóvoa-, mestres dos colexios convidados e representantes públicos visionaron, case obrigaba.  "Como me fai sentir o lume", con guión de Rochi Nóvoa e gravación do cineasta galego Xosé Bocixa, tentou concienciar, nas voces dun grupo de alumnos da escola local, ós visitantes chegados de Cenlle e Maside, os únicos que respostaron ó convite do Rodolfo Núñez, cando ó seu claustro se lle ocorreu enviar sementes e unha misiva a todos os centros públicos da comunidade ubicados ou non en municipios que se viron afectados polas lapas. 

O traballo que os mestres e alumnos do colexio de Vilardevós levaron, só foi valorado na súa xusta medida -coa visita- por as mencionadas escolas, "algo que nos dá unha verdadeira pista da concienciación que temos como colectivo docente da verdadeira lacra dos lumes e do asedio ó que someteron a grande parte do noso país", dixo Rochi Nóvoa. 


Concienciación e festa


A maioría dos cativos presentes, que acabaron saíndo do ximnasio anfitrión convertido en improvisado salón de actos cun exemplar deste xornal, chegaron animosos a unha cita que os retiraba por unhas horas da rutinas das aulas e lles permitiu ver, con imaxes da propia traxedia de Vilardevós, os devastadores efectos dos lumes nas súas serras. 
Rematou a proxección cun aplauso colectivo e incluso coas bágoas dalgunha das mestras, que poucos viron, pola experiencia que viviu en primeira persoa no Concello de As Neves, onde ten unha vivenda e sentiu de perto o terror das lapas; pero tamén polos textos da cinta, moi concienciadores.


De excursión a Cidadella 


Pasadas as doce, tres autobuses partiron cara unha das fervenzas máis singulares do panorama autonómico, a da Cidadella, nas proximidades de Terroso. Alí, os pequenos de Cenlle, Maside e Vilardevós percorreron unha mínima ruta do contrabando, xantaron ó aire libre e tiveron tempo para desfrutar con algúns inchables. Nuns días recibirán, como lembranza a unha visita distinta, un exemplar dun libro que tamén editaron -e que onte non chegou a tempo para ser entregado- dende o CEIP de Vilardevós para lembrar o que nunca debería de rememorarse.n
 

Te puede interesar