SOLIDARIDADE

A Asociación Pro Animales de Verín organiza unha festa solidaria

Instalarase un bar, inchables para os maís cativos e un posto solidario onde se porán á venda produtos doados polos veciños e veciñas, así como camisolas e mochilas da propia asociación.

A Asociación Pro Animales de Verín organiza este sábado na vila, a súa I Festa Solidaria. 
En colaboración co concello verinense e con diversas comercias e empresas da zona, celebrarán un evento familiar na praia fluvial da localidade.

O obxectivo principal desta inciativa é recadar fondos para continuar acollendo animais en condicións óptimas. Así mesmo, realizarase un desfile dos seus cans para fomentar a súa adopción entre os asistentes. 

Instalarase un bar, inchables para os maís cativos e un posto solidario onde se porán á venda produtos doados polos veciños e veciñas, así como camisolas e mochilas da propia asociación.

Para completar o festival, diversas actuacións solidarias e un DJ porán o broche musical a esta cita aberta ao público e á que todas as familias que o desexen poderán acudir coas súas mascotas.
A festa dará comezo ás 16h da tarde e prolongarase ata máis aló das 21,00 horas.

Te puede interesar